patrimonio

Pezas de 'Sermos Galiza' deste sábado. (Fotos: Nós Diario)
CULTURA

Cristina Pato, protagonista do 'Sermos Galiza' deste sábado

Aliás, poñemos o foco na importancia patrimonial dos cruceiros na Galiza.
Escritorio do século XVIII gardado en Meirás, idéntico ao empregado polo rei Francisco de Asís. (Foto: Patrimonio Nacional)
MEMORIA E HISTORIA

O Concello de Sada volve urxir a modificación do BIC do Pazo de Meirás para salvagardar o seu patrimonio

Pide á Xunta que "mova ficha" e incoe o expediente para evitar a retirada de bens móbeis por parte da familia Franco.
Xente ás portas da casa ubicada na Cidade Vella coruñesa. (Foto: M. Dylan / Europa Press) #memoriaehistoria #franquismo #meirás #casacornide #franco #coruña
MEMORIA E HISTORIA

O Goberno descarta iniciar xestións para desposuír os Franco da Casa Cornide

Segundo xustificou ante o deputado de Galicia En Común no Congreso, Antón Gómez Reino, Patrimonio non ten constancia de que o inmóbel sexa titularidade do Estado.
Imaxe do porto deportivo Juan Carlos I, Sanxenxo. (Foto: Mancomunidade do Salnés) #sanxenxo #porto #portodeportivo
ECONOMÍA

A Galiza é o segundo territorio do Estado con máis grandes fortunas

Hai unha persoa rica por cada 350 habitantes. A Galiza é un dos territorios que ten os salarios e pensións entre as máis baixas.

A Frouseira é un dos conxuntos patrimoniais afectados polo parque eólico. (Foto: Xunta da Galiza) #afrouseira #patrimonio #parqueeólico #eólica
CULTURA

Apatrigal presenta catro proxectos aos Fondos Europeos

A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) presentou propostas aos Fondos Europeos Next Generation, por un importe total de 46.160.510 euros
Unha das limpezan ambientais de Coidemos Lugo. (Foto: Guido Álvarez Parga)
star
Caderno 'Gozar'

Gozar limpando o planeta

Patrimonio Natural e Humano.
Alfonso Rueda e José Manuel Baltar nunha reunión da Xunta Directiva do PPdeG en Compostela. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

A Xunta premia o mosteiro de San Pedro de Rocas mentres a Fiscalía investiga as obras no BIC

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, foi o encargado de recoller o galardón de Patrimonio Cultural dos Premios da Cultura Galega ao mosteiro de San Pedro de Rocas, ao tempo que Fiscalía investiga as dilixencias abertas contra esta Deputación e a Xunta polo proxecto de ampliación do acceso ao Ben de Interese Cultural (BIC).

Esther Estévez, este sábado na gala do Premios da Cultura Galega. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Bernardino Graña, Dígocho eu! e o mosteiro de San Pedro de Rocas entre os galardóns dos Premios da Cultura Galega

Na categoría de Letras, o galardoado foi Bernardino Graña; en Artes Visuais, Antón Pulido; en Artes Escénicas, Nova Galega de Danza; en Música, Natalia Lamas Vázquez; en Audiovisual, Zaza Ceballos; en Lingua, o programa da TVG Dígocho Eu!; en Patrimonio Cultural, o mosteiro de San Pedro de Rocas; e en Proxección Exterior, a Federación de Asociacións Galegas República Arxentina.
Pazo de Lourizán. (Foto:Turismo da Galiza)
Pontevedra

Ratificada a sentenza que obriga a Xunta a restaurar o Pazo de Lourizán

O Goberno galego non recorreu o fallo do TSXG que o condena a executar as obrigas derivadas do convenio asinado en 1991 coa Deputación de Pontevedra.
En Vila Nova de Cerveira gravou o 'Coro Pauta de Caprichos' a canción Vai Marinheiro, vai, vai.
star
Defendendo o patrimonio inmaterial galego-portugués en pandemia

Meniños cantores 2

O certame aRi[t]mar da Galiza e Portugal vén de decidir que a asociación 'Ponte... nas Ondas!' será a galardoada co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona nesta edición de 2022. Esta entidade leva 27 anos traballando na recuperación do patrimonio inmaterial e editando publicacións con pezas audiovisuais. A última, titulada Meniños Cantores 2, suma contidos á realizada en 2005 e incorpora, ademais, unha serie documental de catro capítulos. Todo isto executado en plena pandemia da Covid-19. 
Concentración en defensa de San Pedro de Rocas ante a Deputación de Ourense en marzo deste ano. (Foto: Ecoloxistas en Acción).
MEMORIA E HISTORIA

A Fiscalía abre dilixencias contra a Deputación de Ourense e a Xunta por causar danos no mosteiro de San Pedro de Rocas

A Fiscalía considera que a actuación da Deputación de Ourense e do Goberno galego pode conlevar un delito contra o patrimonio histórico.
'A Santa' de Francisco Asorey, na exposición 'Galicia, un relato no mundo', no Gaiás, en 2020. (Foto: Manuel G. Vicnte / Cidade da Cultura)
Unha nova asociación velará polo patrimonio cultural da entidade uruguaia

A Xunta desenténdese do legado histórico da Casa de Galiza de Montevideo

O recente feche da Casa de Galiza de Montevideo e as incógnitas que rodean o futuro do seu patrimonio devolven á actualidade a inacción da Xunta á hora de defender o legado cultural da diáspora. O destino incerto dunha obra tan emblemática como 'A Santa' de Asorey, é un exemplo da desprotección e o abandono. 
O secadoiro artesá de congro da Pedriña, no ano 2019. (Foto: Pedro García Vidal)
CULTURA

Sanidade paraliza a produción do secado artesán de congro

A produción de congro seco ten máis de seis séculos de historia na Galiza. Sanidade decidiu paralizar o 21 de febreiro o secado ao aire libre argüíndo que non se pode incluír como excepcións a alimentos artesáns, o que derivou nun movemento veciñal en defensa dunha actividade que consideran patrimonio etnolóxico. Os dous secadoiros que se conservan na península están en Muxía, o da Pedriña, ademais, é o único que conserva unha produción totalmente artesá.
Comeza a tala de árbores nas inmediacións de San Pedro das Rocas. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Comeza a corta de árbores nas inmediacións do mosteiro de San Pedro de Rocas

Hoxe debía decorrer o xuízo contra o presidente da Deputación de Ourense, pero o adiamento sen a imposición de medidas cautelares permitiu o comezo dos traballos.
Comeza a tala de árbores nas inmediacións de San Pedro das Rocas. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Comezan a cortar árbores nas inmediacións de San Pedro de Rocas

Comeza a tala de árbores nas inmediacións de San Pedro das Rocas. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Comezan a cortar árbores nas inmediacións de San Pedro de Rocas

Mosteiro de San Pedro de Rocas en Esgos. (Foto: Nós Diario).
Unha nova intervención dana un muro do cenobio máis antigo da Galiza

A Deputación de Ourense ameaza o mosteiro de San Pedro de Rocas

A Deputación de Ourense teima en ensanchar a estrada de acceso ao mosteiro de San Pedro de Rocas para que poidan acceder grandes autobuses. O proxecto pon en perigo varios elementos patrimoniais de incalculábel valor arqueolóxico, histórico e paisaxístico dun Ben de Interese Cultural.
A península da Atalaia, en San Cibrao, Cervo (Foto: Turismo da Galiza).
CULTURA

Cervo aproba o plan especial de protección do xacemento da Atalaia

A peninsula, situada en San Cibrao, estivo habitado desde a Idade do Ferro até época medieval. 
salvemos san pedro
SOCIAL

Mobilización para frear o "atentado patrimonial" ao mosteiro de San Pedro de Rocas

A ampliación dunha estrada pola Deputación de Ourense ameaza patrimonio e paisaxe dunha zona única, denuncian os detractores. Este domingo hai unha mobilización para parar unha obra que tamén ten unha fronte aberta nos xulgados.

mirador penedos do castro nogueira de ramuín
SOCIAL

O Concello de Nogueira de Ramuín denunciado por “agresións ao patrimonio da Ribeira Sacra”

Amigos da Terra presentou unha denuncia pola pola construción dun miradoiro en Penedos do Castro por “carecer de calquera tipo de autorización”.