Nós

REALIZADA POLA UNIVERSIDADE DE VALENCIA

Unha sondaxe coloca En Marea como segunda forza en Galiza e outorga entre 1 e 2 escanos a Nós 

nos ensobrado 4
POLÍTICA

Nós reivindica cun ensobrado público unha campaña feita “coas nosas mans” 

​O acto en varios municipios do país se realiza despois de que o Tribunal de Contas solicitara ao BNG a presentación das facturas polo encartado electoral durante os pasados comicios municipais. A formación nacionalista defende que foi feito, como nesta campaña, pola propia militancia e  simpatizantes.

Callón Nós Cultura
POLÍTICA

Callón propón suprimir o Ministerio de Cultura e trasladar as competencias a Galiza

O número 1 de Nós Candidatura Galega pola Coruña asegura que o modelo actual “da as costas ao carácter plurinacional e pluricultural do Estado”.

cerco carballo feijoo
POLÍTICA

Mariñeiros do cerco apupan Feijóo en Carballo: “Non nos representas, non es galego nin nada”

Agardaron polo presidente ás portas do local onde ía participar nun mitin do PP. O mandatario atendeunos uns minutos antes de entrar. O sector leva meses a reivindicar un “reparto xusto” das cotas. Vídeo no Interior

Dos “nosos” e dos que decidiron deixar de ser de “nós”

“Bloque-PSG, os nosos”. Lembrades, verdade?

POLÍTICA

Nós esixe un novo modelo de financiamento para Galiza e rebaixar o IVE

A cabeza de lista por Pontevedra, Carme Adán, visitou o mercado do Progreso, acompañada do alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, onde apostou por políticas que favorezan o comercio local.

Naval Carme Adán (Imaxe: Nós)
POLÍTICA

Nós aposta nun plan industrial para recuperar o sector naval da crise

A cabeza de lista por Pontevedra, Carme Adán, denuncia “as mentiras do PP” e a falta de compromiso cos estaleiros galegos, durante un encontro co persoal e a dirección de Vulcano en Vigo.

POLÍTICA

Nós ve no debate do “bipartidismo a catro” unha imaxe do futuro de Galiza sen grupo propio

"Soraya Sáenz dedicou cero segundos a Galiza, Pedro Sánchez cero segundos, Pablo Iglesias cero segundos e Albert Rivera, cero segundos; esa é a foto fixa se Galiza non tivese representación propia en Madrid", dixo Carlos Callón.

POLÍTICA

Nós salienta a necesidade de impulsar un novo modelo económico en Galiza

A cabeza de lista por Pontevedra, Carme Adán, afirmou que “os debates deben ser sobre as cousas de comer, sobre as pensións máis baixas do Estado que están en Galiza ou a privatización da sanidade”.

POLÍTICA

“Agora entramos Nós”, o tema de Caxade e Marcos Paino en apoio de Candidatura Galega

Os artistas galegos poñen o acento musical na campaña de Nós. [Canción no interior] 

POLÍTICA

Nós demanda unha banca pública galega e En Marea reúne 30 listas de confluencia nun encontro municipalista

As formacións que concorren ás eleccións do 20D continuaron esta segunda feira cunha intensa axenda de campaña electoral.

POLÍTICA

Nós reclama un proceso constituínte que garanta os dereitos de Galiza como nación

A Candidatura Galega chama cun acto simbólico na praia de Riazor a superar o marco da actual Constitución española para blindar “os dereitos das maiorías sociais e das nacións”.

Nós+En Marea
POLÍTICA

Nós reivindica a lingua no Culturgal e En Marea presenta o seu programa para o 20D

Segundo día de campaña e segundo día de propostas. Eis as principais propostas das formacións políticas a só 15 días das eleccións xerais.

POLÍTICA

Unha enquisa de ElDiario coloca a Nós á beira de obter representación

O voto estimado para a Candidatura Galega é do 0,5%, dúas décimas máis que a realizada polo CIS. A coalición En Marea conseguiría entre dous e tres escanos.

POLÍTICA

'Nova Esquerda Socialista' pide o apoio para a candidatura Nós

A formación preséntase en Ourense na plataforma 'Pola Esquerda'. Defende o voto para a candidatura Nós nas outras tres circunscricións galegas: A Coruña, Pontevedra e Lugo.

POLÍTICA

O traballo de campo do inquérito do CIS fíxose antes do eleitorado coñecer a marca Nós Candidatura Galega

POLÍTICA

Nós denuncia o "apagón informativo" do nacionalismo na cobertura de CRTVG e RTVE

A Candidatura Galega afirma que os plans de cobertura destas canles non respectan a "pluralidade política", impulsan “un novo bipartidismo a catro” e obvian o nacionalismo embora ter representación no Congreso.

POLÍTICA

Nun acto con alcaldes e alcaldesas do BNG, Lores di que o de Nós "é o único voto útil"

Convencidos e convencidas de que “só unha candidatura en clave de país é capaz de darlle voz aos problemas específicos” dos concellos galegos, os alcaldes e alcaldesas do BNG fixeron unha declaración pública explícita de apoio a Nós Candidatura Galega.

ADVIRTE DE QUE FAVORECEN O BIPARTIDISMO

Nós critica os plans de cobertura da RTVE e CRTVG por “non respectar a pluralidade”

Nós Candidatura Galega denuncia que os plans de cobertura electoral da RTVE e da CRTVG “non respectan a pluralidade política e só favorecen o bipartidismo a catro”. Sinala que “non se garante o dereito dos galegos e galegas á información”.

Xosé Chao, Xosé Alvilares e Xosé Neira. Tres grandes galegos que se nos foron

Xusto ao ano do pasamento do gran mestre e amigo Francisco Carballo