Mariñeiros do cerco apupan Feijóo en Carballo: “Non nos representas, non es galego nin nada”

Agardaron polo presidente ás portas do local onde ía participar nun mitin do PP. O mandatario atendeunos uns minutos antes de entrar. O sector leva meses a reivindicar un “reparto xusto” das cotas. Vídeo no Interior

“Non nos representas!”, “Non es galego nin nada”, “Axúdanos, joder” ou “Mira á cara a esas 12.000 familias”. Estas foron algunhas das frases que o presidente da Xunta escoitou na noite da quinta feira en Carballo, a onde se desprazou para tomar parte nun acto electoral do PP. Perto dunha trintena de mariñeiros agardaban por el a pé do lugar do mitin e tras unha faixa (“Eu apoio ao cerco”). Entre eles, mesmo o alcalde de Malpica, do PP.

Feijóo, que durante estas semanas de conflito non recibeu a representantes do sector embora as reiteradas peticións dos cerqueiros, atendeu no lugar de durante uns minutos a tres mariñeiros do cerco. Todo entre un gran despregamento de seguridade. Os cerqueiros entregaron unha carta coas súas reivindicacións ao presidente e reiteraron a solicitude de manter unha xuntaza. Lembráronselle que o sector maioritario deste colectivo avoga por un novo reparto das cotas.

Señoras e señores...o sinverguenza, o impresentable, o indeseable Alberto Núñez Feijóo...despota ques un despota!

Posted by Eu apoio o cerco de galicia on Xoves, 10 de Decembro de 2015

 

“Sei de que vai isto, sei de que vai isto” repetía Feijóo. Ante as recriminacións dos mariñeiros, optou por se despedir cun “vale, vale”. Xa no mitin, puxo o PP como exemplo de partido que “apoia o mar”.

De por parte, esta sexta feira o campamento dos cerqueiros diante de San Caetano (sede da Xunta) rercibirá o apoiod e redeiras e mariscadoras. Superan xa os 50 días de acampada.

Comentarios