Normalización Lingüística

Coller

Imaxe da serie de Netflix 'El desorden que dejas', coa Galiza como escenario. (Foto: Netflix)
star
LINGUA

Unha campaña popular demanda presenza do galego nas plataformas audiovisuais

O pasado domingo, María Reimóndez e Eric Dopazo botaron a andar unha iniciativa para demandar a presenza do galego nas plataformas audiovisuais. "A imaxe que se transmite é que os galegofalantes non existimos", opina Reimóndez das recentes estratexias que reducen o galego a un "sotaque local" e que o presentan "xa non como un dialecto, senón como algo residual ou exótico".
peque_filmes
LINGUA

Peque Filmes: o castelán continúa a conquistar espazos na Galiza da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, intervén ante as queixas do coordinador científico do Ramón Piñeiro, Manuel González, pola total ausencia do galego no festival. Non é este o único caso recente de minusvaloración da lingua galega no seu propio país, polo seu propio Goberno.

EsF96iYXUAIlp7D2
SOCIAL

"Bolígrafo violeta", o código secreto para pedir tampóns e compresas na UVigo

A delegación estudantil da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo creou unha iniciativa de ofrecer produtos de hixiene feminina as alumnas que o precisasen, puidendo pedilas como "bolígrafo violeta". Este "código secreto" ergueu unha gran polémica nas redes sociais e abriu debate no campus vigués sobre a normalización da menstruación. 

Esperanza

A youtubeira María Rúa, creadora de 'pradorua'. (Foto: Nós Diario)
María Rúa levou o premio Youtubeir@s de mellor canle por 'pradorua'

María Rúa: “A normalización do galego debe ir da man das redes sociais”

María Rúa, youtubeira galega, creou a súa canle na plataforma de YouTube en pleno confinamento, hai hoxe arredor de sete meses. A seu sitio, pradorua, gañou recentemente o premio do concurso Youtubeir@s na categoría de mellor canle. Rúa comenta que está moi feliz ante o recoñecemento do premio pero expresa a necesidade dun maior número de iniciativas que apoien a creación de contido en galego na rede. Rúa argumenta que “é fundamental que os medios de comunicación nos dean máis visibilidade”.
Unha estudante nunha biblioteca da universidade. (Foto: USC)
LINGUA

A USC convoca os XVII Premios á calidade lingüística en galego

Estes galardóns teñen como obxectivo promover o emprego da lingua galega nos traballos académicos do estudantado. O departamento de Normalización Lingüística anuncia que haberá premios económicos e diplomas acreditativos.
Diego Arufe é membro da banda musical, que este mes sacará o seu primeiro EP. Foto Mar Álvarez
CULTURA

“O obxectivo do grupo sempre foi pasalo ben e facer música que nos divirta”

A banda de música Pibe Canguro estrea EP con cinco cancións. Así mesmo conta o por que de compor os temas en galego e a importancia da normalización da lingua.
Carreira pola lingua e pola normalización lingüística da mocidade e a infancia en Vigo nos anos 2018.
LINGUA

A Xunta devolve o conflito lingüístico ás aulas

Recunca o conflito lingüístico na Galiza. As críticas do Partido Popular á reforma da lei educativa do Goberno estatal reavivan o debate sobre o uso do galego no ensino e a denominada "imposición lingüística".

A lingua

Concello da Estrada (Imaxe: Luis Miguel Bugallo Sánchez).
LINGUA

O Concello da Estrada incumpre a ordenanza do galego e pide traducir ao castelán documentos dun concurso

O consistorio, gobernado polo Partido Popular, incumpre así a súa propia ordenanza municipal para a normalización da lingua galega.
Iván Méndez, gañador do Galitwitter 2019
Iván Méndez (Galitwitter 2019)

"As redes sociais proban a vitalidade do galego"

Iván Méndez é filólogo galego, aínda que a maioría da xente o coñecerá pola conta de Twitter "Éche o que hai, Iván" (@echeoquehai), que vén de gañar a edición 2019 do Galitwitter, concurso no que a comunidade desta rede social vota a súa conta favorita do ano. O coruñés impúxose aos chíos de @emgalego nunha final moi axustada, con 50,1% dos votos.
Detalle do cartaz da Nova Antoloxía da Música Galega Contemporánea
Nova Antoloxía da Música Galega Contemporánea

Galeguíza-T, a mocidade de Oleiros a pular pola lingua

Hai uns días vía a luz nas redes a Nova antoloxía da música galega contemporánea, impulsada polo colectivo Galeguíza-T, un grupo de de estudantes do IES Neira Vilas de Oleiros. O coordinador do Equipo de Dinamización Lingüística do centro, Alberto Pombo, cóntanos como naceu este proxecto que está a revolucionar as redes.
galego CTNL LGx15
9 de novembro en Teo

LGx15 ou como achegar a lingua á mocidade

LGx15. Ideas para o futuro da lingua, evento organizado pola Coordinadora de Traballadoras/es de Normalización da Lingua (CTNL), chega á quinta edición con propostas sobre o uso do galego no cinema, na rede, no transmedia ou na música. Oito intervencións trasladarán, o vindeiro sábado 9 de novembro en Teo, experiencias de compromiso lingüístico en diferentes eidos, do cotiá á atención médica, procurando influír nas actitudes e alzar a conciencia lingüística.

aula estudantes clase
Lingua

A CIG denuncia a irrelevancia das axudas da Xunta ao galego nos centros docentes

As axudas da Xunta destinadas a dinamizar e normalizar a lingua nos centro docentes públicos non alcanzan o 20% dos importes solicitados, feito polo que desde a CIG cualifícanas de “irrelevantes” e sinalan a existencia de “desidia” na súa tramitación.

Corunha
POLÍTICA

A alcaldesa da Coruña levará directamente a área de normalización lingüística

A socialista Inés Rei xestionará tamén as áreas de Seguridade Cidadá e Barrios. José Manuel Lage Tuñas, coa carteira de Economía e Facenda, e Juan Díaz Villoslada, Urbanismo, Vivenda e Mobilidade, aparecen como os executivos con maior peso político dun novo goberno local que, a falta de acordos de coalición, iniciará o mandato como un gabinete monocolor.

thumbnail_PremiosMilPrimaveras
Convocan as traballadoras de normalización

47 proxectos de fomento do galego optan aos premios Mil Primaveras

Os premios Mil Primaveras, convocados pola Coordinadora de Traballadoras de Normalización da Lingua (CTNL), recoñecen “proxectos de posta en valor e fomento do galego”. Á edición deste ano optan 47 iniciativas diferentes.
 

diccionario
Con motivo do Día das Letras Galegas

A empresa ferrolá Englishpanish ofrece a tradución gratuíta de páxinas web ao galego

Con motivo do Día das Letras Galegas, a empresa Englishpanish ofrecerá á súa clientela a tradución gratuíta das súas páxinas web ao galego. Esta promoción, cuxo obxectivo é a normalización lingüística, durará o que reste de ano e cubrirá 1000 palabras.

Axencia tributaria
LINGUA

Campaña polo galego na declaración da renda

“Eu declaro [a renda] en galego. É lóxico. Por dereito”. Con este lema, a Asociación de Funcionarias pola Normalización Lingüística inicia unha campaña para que as contribuíntes escollan o galego á hora de presentar a declaración da renda.
 

331ae613570240eabe110ae6dd98a926_f24934
A transmisión non familiar do galego centra a terceira xornada

Malas Linguas para “activar falantes”