Iván Méndez (Galitwitter 2019)

"As redes sociais proban a vitalidade do galego"

Iván Méndez é filólogo galego, aínda que a maioría da xente o coñecerá pola conta de Twitter "Éche o que hai, Iván" (@echeoquehai), que vén de gañar a edición 2019 do Galitwitter, concurso no que a comunidade desta rede social vota a súa conta favorita do ano. O coruñés impúxose aos chíos de @emgalego nunha final moi axustada, con 50,1% dos votos.
Iván Méndez, gañador do Galitwitter 2019
photo_camera Iván Méndez, gañador do Galitwitter 2019

Considera que está o galego normalizado nas redes?

Ese é un tema bastante complexo. As redes sociais viven certa normalidade, hai moita xente que na súa vida diaria non ten o galego como lingua habitual, pero que se expresa nela en internet. De feito, case hai unha certa burbulla do uso da lingua, parece moi de xente nova e de ámbito urbano cando son os eidos nos que vive peor. Tamén é importante, por exemplo, que o Twitter estea en galego. É un logro bastante grande, hai moi poucos idiomas que teñan a interface na súa lingua, como tamén pasa en Facebook. Instagram, que é moito de mocidade, non ten versión en galego. Quedan moitos ámbitos por dinamizar. Máis alá do uso reivindicativo que fan algunhas persoas, cómpre que sexa máis estendido a outros ámbitos. As redes sociais demostran unha vitalidade importante da lingua galega, pero de aí a estar normalizado penso que queda moito.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios