Normalización Lingüística

Galiza

Tres días de xullo para saber implicar no proceso de normalización

Acadar unha maior implicación no proceso de normalización lingüística é o obxectivo do curso de verán que a Universidade da Coruña máis a CTNL organizan os días 17,18 e 19 de xullo en Carballo con especialistas de Cataluña, Madrid, O Salvador, Euskadi e Galiza. 

Queremos galego
LINGUA

A Lei de Normalización Lingüística cumpre trinta anos. Balance (I)

Carlos Callón, Isabel Vaquero e Henrique Monteagudo hoxe e Xosé Ramón Freixeiro Mato, Socorro García Conde e Nel Vidal mañá fan balance da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística no día no que fai trinta anos. Cúmprense tres décadas do texto lexislativo que recollía como obxectivo a normalización da língua e preguntámoslle a seis persoas activas no proceso arredor do seu cumprimento. 

Carlos Callón, Susana Méndez, Ana Pontón
LINGUA

“Tres décadas de lei de Normalización Lingüística aconsellan a súa revisión e actualización”

A deputada Ana Pontón traslada á Mesa pola Normalización Lingüística a Proposición de lei de normalización de usos sociais e públicos da lingua galega que vai presentar o BNG

Marta Rivera
CULTURA

A Xunta homenaxea Rosalía coa escritora Marta Rivera, belixerante contra o galego

A Xunta vai homenaxear a Rosalía no Día Internacional da Muller coa intervención dunha única persoa do mundo das letras, a escritora Marta Rivera de la Cruz, autora dunha obra íntegra en español, belixerante contra a normalización do galego e colaboradora de Galicia Bilingüe.
Carlos Callón
LINGUA

"O tremendo é que me denunciase un xuíz por eu defender a Lei de normalización lingüística"

A sentenza do Xulgado de Instrución nº 1 da Coruña falla que "a nota de prensa emitida" coa denuncia de "apoloxía da ilegalidade" pola defensa de Antonio Fraga Mandián "atópase comprendida na liberdade de expresión e información".
Ángel Currás e Rebeca Domínguez
POLÍTICA

Chaman a declarar a concelleira de Educación de Compostela polo caso Pokemon

A concelleira e un funcionario da mesma área foron chamad@s a declarar no decorrer da operación Pokemon. Segundo apuntan, podería tratarse dun suposto caso de tráfico de influencias.
LINGUA

Chaman á Xunta a recuperar o consenso nas políticas de normalización lingüística

Movementos sociais e oposición exixen a demisión do conselleiro de Educación e demandan a recuperación do consenso en Política lingüística. En contraposición ao amplo abano social e cidadá que se parabeniza pola decisión do TSXG, desde Galicia Bilingüe consideran que a sentenza "se suprime la posibilidad de que el alumno se exprese en la lengua oficial que quiera".
LINGUA

A Mesa demanda o cesamento do responsábel de Normalización Lingüística no concello de Ferrol

Vilariño Anca, concelleiro encargado da área de normalización lingüística municipal de Ferrol, evita falar en galego e non exerce de modo correcto as súas competencias, segundo denuncia A Mesa que xa comezou unha campaña de sinaturas pedindo a súa demisión.
SOCIAL

A concelleira de Normalización de Santiago segue ''desconcertada'' polas críticas tras falar español

Nun encontro mantido coa Mesa, Rebeca Domínguez empregou o galego, mais dixo non entender os reproches após a súa primeira comparecencia pública. Carlos Callón, que valorou esta reflexión como ''un mal sinal'', trasladou o desconcento do colectivo cos ''retrocesos'' que o Concello compostelán está a dar na defensa da lingua
SOCIAL

Alertan dun recorte do 69% ás equipas de normalización lingüística

O orzamento total da actividade será de 250.000€, 550.000€ menos que nas convocatorias dos dous cursos anteriores e 750.000 € menos que nas partidas asignadas antes da chegada do PP á Xunta