Noia

Accidente en Noia (Imaxe: Bombeiros de Boiro)
SOCIAL

Falece un mozo de 24 anos e o seu irmán, de 14, resulta ferido de gravidade tras un accidente en Noia

Un mozo de 24 anos faleceu e outro, o seu irmán, de 14, resultou ferido de gravidade tras unha saída de vía no municipio de Noia, segundo informa o servizo de emerxencias 112 no seu parte de incidencias.

Verteduras procedentes da mina de San Finx. (Foto: Confraría de Noia).
SOCIAL

Os niveis de cadmio en San Finx xa superan máis de 100 veces o máximo permitido

Á vista das analíticas e ante as reiteradas denuncias de colectivos ecoloxistas e do mar, Augas da Galiza vén de ditar proposta de sanción contra a empresa concesionaria da mina impondo multa de 180.000 euros, considerando o dolo existente e danos causados,aseguran desde Plademar.
O galego rachou o domingo co récord de España de maratón. (Foto: Adidas).
Entrevista

Tariku Novales: "O circuíto pode marcar o éxito nos Xogos Olímpicos de París"

Tariku Novales (Noia, 1998) demostrou no Maratón de Valencia que non hai ninguén como el, tornando no recordman estatal da modalidade após facer bos os prognósticos e deter o reloxo en 2.05.48. Agora, co aval do seu gran papel na proba levantina, comeza a preparar uns Xogos Olímpicos 2024 nos que o único límite é o ceo parisino.
Dúas das figuras natalicias en Noia (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A decoración da discordia: estas son as figuras de Nadal no Concello de Noia

As figuras natalicias de Noia veñen do País Valencià, en concreto das Fallas de València e, segundo puido saber Nós Diario, o Concello de Noia comprou ditas figuras polo que, se cadra, hai que se afacer a velas cada ano polo Nadal.
Unha mariscadora sostén nas súas mans cría de bivalvos mortos, o pasado 17 de novembro. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
star
Análise

A propósito da sostibilidade e do berberecho de Noia

Ángeles Piñeiro, é profesora do Departamento de Xeografía da USC.
placa noia conemmorativa
MEMORIA E HISTORIA

Sabías que Noia foi bombardeada no Día da Patria Galega de 1936?

Unha placa que lembra aquel ataque desapareceu estes días. 

Verteduras procedentes da mina de San Finx. (Foto: Confraría de Noia).
SOCIAL

San Finx non cumpre e a Xunta vese obrigada a revogar o permiso de vertidos

Os incumprimentos reiterados da empresa Tungsten San Finx, S.L. obrigan ao Goberno Galego a pór en marcha un procedemento que entidades ecoloxistas, confrarías, veciñanza e investigadores levan meses reclamando.
Verteduras procedentes da mina de San Finx. (Foto: Confraría de Noia).
SOCIAL

O CSIC certifica nun informe a contaminación fluvial con metais pesados procedente da mina de San Finx

O informe, encomendado pola Confraría de Noia, xa foi remitido ao Xulgado coa intención de que se impute aos administradores e ao director da mina por delitos contra o medio ambiente.
Bivalvo arrastrado ás praias durante a última fin de semana (Foto: Europa Press).
TRABALLO

A crise do marisqueo en Noia forza un ERTE a 64 persoas traballadoras da confraría: "Chove sobre mollado"

O sector marisqueiro de Noia recolle 70 toneladas de bivalvo dos areais, mais só se poderá recuperar "entre 15% e 20%" debido á mortaldade.
A pesar da súa xuventude, 'Silver' conta con máis de 20 combates ás súas costas. (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Silvestre Gómez, boxeador: "Gústame enfrontarme con rivais que son máis grandes ca min"

O Campionato Galego de Boxeo que se desenvolveu a pasada fin de semana no Pavillón de Baltar de Sanxenxo viu como o novísimo púxil Silvestre Gómez (Noia, 2004) prolongaba a súa extraordinaria xeira de resultados no certame nacional, onde conta as súas participacións por vitorias.

Marisco arrastrado na praia de Testal, esta terza en Noia. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

O sector marisqueiro traballa para recuperar cría arrastrada

Toneladas de bivalvo cubriron os areais após a apertura do encoro do Tambre.
Recollida do bivalvo arrastrado pola preamar (Foto: Confraría de Noia).
Agora

Gran preocupación en Noia polo marisco morto a raíz do desaugue do encoro do Tambre

O sector marisqueiro de Noia realizou onte unha recollida do bivalvo que foi arrastrado pola preamar na fin de semana. O obxectivo da actividade é recuperar o que estea vivo e avaliar a mortaldade derivada da apertura do encoro do Tambre. A bióloga do pósito, Liliana Solís, informou Nós Diario de que foron recollidas un total de 18 toneladas de crías de berberecho de 20 milímetros de tamaño, das que 65% estaban aínda vivas. Ademais, a mortaldade do bivalvo tamén preocupa en Rianxo.
A galega suma sete medallas de ouro no Campionato de España. (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Paula Blanco, kickboxer: "Os meus pais teñen que gastar moitos cartos para que poida competir"

Conversar con Paula Blanco (Noia, 1999) é facelo cunha desas campioas galegas anónimas que non obtén o recoñecemento que merece pese a ser a mellor nunha disciplina que, como a maioría das non maioritarias, non podería desenvolver sen o apoio da súa familia ante a escaseza das axudas das Administracións.
Mariscadoras da confraría de Noia extraendo bivalvo (Foto: Pedro G. Losada).
star
TRABALLO

A confraría de Noia anuncia o fechamento da campaña de marisqueo máis curta da historia

A actual campaña de marisqueo fecharase a partir da próxima quinta feira, segundo decidiu a confraría de Noia. A mortaldade do marisco provocada polo baleirado do encoro do Tambre, que deixa máis de 1.500 profesionais sen actividade, e as dificultades para cobrar as prestacións, preocupan no sector.
Manuel Caamaño, en Portosín (Porto do Son).
star
Entrevistas

Manuel Caamaño: retallos dunha vida

Arquitecto técnico, galeguista no exterior e no país, activista cultural, político, escritor. Impulsor de asociacións, editoriais, revistas, bibliotecas e museos. Defensor do idioma e da participación cidadá na vida social. Un noiés cosmopolita que tamén se sentiu parte dos lugares onde viviu. Son moitas as formas de definir Manuel Caamaño e moitas as facetas que destacar dunha vida chea de avatares. Nesta conversa, aos seus 87 anos, abrollan moitos dos retallos que formaron unha vida dedicada á Galiza e á defensa do dereito a sermos galegos e galegas.
Un técnico da Confraría de Noia realizando mostraxes sobre a poboación de bivalvo na ría (Foto: Confraría de Noia).
TRABALLO

A Xunta escúdase no recrutamento de cría para evitar analizar a mortaldade do bivalvo nas rías

O sector marisqueiro sofre unha fonda crise na rías de Arousa e de Noia.
O persoal da separación manual de residuos, como estas traballadoras de Lousame, encárgase da clasificación dos materiais (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

FCC rexeita a prórroga da xestión da planta de reciclaxe de Lousame

O comité de empresa critica o "desleixo" por parte da mancomunidade.
Mariña Barreiro atendeu 'Nós Diario' no municipio de Noia (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Mariña Barreiro: "O perfil de diplomático español segue a ser moi semellante ao dos anos 50, 60 ou 70"

A noiesa Mariña Barreiro decidiu cambiar a súa traxectoria no corpo diplomático español, a pesar do complicado que é acceder, para apostar pola diplomacia multilateral, que actualmente exerce como encargada de Asuntos Políticos na Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE).
Ángel Bernardo Tahoces foi o máximo responsábel de Enerxía e Minas da Xunta até 2020. (Foto: Europa Press)
Xustiza

Declara ante o xuíz un ex alto cargo da Xunta por "falsidade documental" en San Finx

Tahoces comparecerá esta quinta feira nos Xulgados de Santiago polas presuntas irregularidades cometidas cando el estaba á fronte de Enerxía e Minas dentro do organigrama da Xunta da Galiza.
Disco de 7 lvvas.
star
Música

Os piratas de Noia

Reseña de 'Pirata', de 7 lvvas.