Gran preocupación en Noia polo marisco morto a raíz do desaugue do encoro do Tambre

O sector marisqueiro de Noia realizou onte unha recollida do bivalvo que foi arrastrado pola preamar na fin de semana. O obxectivo da actividade é recuperar o que estea vivo e avaliar a mortaldade derivada da apertura do encoro do Tambre. A bióloga do pósito, Liliana Solís, informou Nós Diario de que foron recollidas un total de 18 toneladas de crías de berberecho de 20 milímetros de tamaño, das que 65% estaban aínda vivas. Ademais, a mortaldade do bivalvo tamén preocupa en Rianxo.
Recollida do bivalvo arrastrado pola preamar (Foto: Confraría de Noia).
photo_camera Recollida do bivalvo arrastrado pola preamar (Foto: Confraría de Noia).
Comentarios