star
ECONOMÍA
Repsol ampliou 70% os seus beneficios nun 2022 marcado polo récord no prezo dos combustíbeis
17/feb./23
O ano 2022 estivo marcado por un custo do gasóleo e da gasolina que chegou a superar o limiar dos dous euros e que motivou a bonificación de 20 céntimos por litro aprobada polo Goberno do Estado español. Nesas complicadas circunstancias para a cidadanía, Repsol multiplicou por 6,5 a marxe de beneficio por cada barril vendido e aumentou en 70% o seu beneficio neto anual.