Naturgy reduce o horario de atención telefónica en galego, segundo denuncia a CIG

A CIG lembra que a "eliminación" da franxa nocturna motivou mobilizacións que se sumaron ás realizadas desde 2012 en denuncia pola "deslocalización" do servizo de atención telefónica na compañía enerxética.
Logo de Naturgy (Foto: Europa Press)
photo_camera Logo de Naturgy (Foto: Europa Press)

A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou a redución do horario da liña de atención telefónica en galego da Naturgy, servizo que presta a empresa Teleperformance.

“Abandono de horario”

Nun comunicado, a central sindical nacionalista asegurou que "nas próximas semanas" o único traballador que prestaba ese servizo entre as 22 e as 24 horas "será forzado a abandonar este horario".

A CIG lembra que a "eliminación" da franxa nocturna motivou mobilizacións que se sumaron ás realizadas desde 2022 en denuncia pola "deslocalización" do servizo de atención telefónica na compañía enerxética.

“Falta de compromiso”

O sindicato censurou a "falta de compromiso de Naturgy coa sociedade galega" mentres exerce a "explotación" dos recursos da Galiza, o que, din, debería ter "unha contraprestación".

"Este é un servizo básico e esencial para a cidadanía, para notificar cortes, avarías, subidas de tensión, urxencias dos corpos de seguridade por incidentes coa liña eléctrica, altas e baixas do servizo de electricidade ou reclamacións", remarcou a CIG.

Comentarios