VÍDEO

A central térmica de Meirama xa é historia: así se derrubou a caldeira

Con anterioridade, a empresa derrubou a cheminea tras máis de 40 anos de existencia.
Voadura da caldeira de Meirama. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
photo_camera Voadura da caldeira de Meirama. (Foto: M. Dylan / Europa Press)

Naturgy realizou esta terza feira a voadura da caldeira da súa antiga central térmica en Meirama, no municipio de Cerceda (comarca de Ordes), no marco do proceso para derrubar o que quedaba das instalacións. Foi ao fío das 13 horas, en apenas uns segundos e partindo dun protocolo de emerxencias previamente estabelecido, no que figuraba o desaloxo de varias vivendas próximas e o corte da estrada.

Con anterioridade, a empresa derrubou a cheminea tras máis de 40 anos de existencia, sen que se producise ningunha incidencia máis aló dunha ampla polvareda negra que afectou toda a contorna.

A operación decorreu, segundo apuntou daquela a compañía enerxética, "coas máximas medidas de seguridade, o mínimo impacto ambiental e cun cumprimento rigoroso da normativa vixente", da mesma forma que agora coa caldeira.

A cheminea, de formigón armado, tiña un volume de 50.868 metros cúbicos, un peso estimado de 8.983 toneladas e unha altura de 200 metros.

Comentarios