mobilización

Susana Méndez e Paulo Carril, esta segunda feira, en rolda de prensa (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A CIG mobilizarase o 29 de marzo contra a nova reforma das pensións

Paulo Carril afirma que a nova reforma das pensións consolida as medidas "máis graves" aprobadas por Rodríguez Zapatero e Mariano Raxoi.
Protestas en Nantes contra a reforma das pensións en Francia (Foto: Loic Venance / Afp / Dpa).
INTERNACIONAL

VÍDEOS | As cidades francesas tórnanse un clamor contra a reforma das pensións de Macron

En París, decenas de manifestantes tomaron o centro comercial Chateau deas Aches, coreando frases como: "Abaixo, abaixo o 49.3!", "Xubilación aos 60, loitamos por gañala, loitaremos por mantela!", "París, levántate, levántate!".
Concentración de persoal da CRTVG esta quintafeira en Compostela (Foto: @rescataraCRTVG).
SOCIAL

Persoal da CRTVG mobilízase en Compostela en defensa duns medios "a servizo do pobo"

O presidente do Comité Intercentros, Tiago Alvite, denunciou a “manipulación continua e descarada” dos telexornais, “en beneficio da forza política no Goberno, o Partido Popular”.
Manifestación contra a reforma das pensións na cidade francesa de Marsella, este sábado (Foto: Gilles Bader / Zuma Press / Contacto Photo).
INTERNACIONAL

Un millón de persoas saen á rúa en Francia contra o atraso da idade de xubilación aos 64 anos

A xornada de protesta, a sétima mobilización semanal consecutiva, foi convocada polos principais sindicatos franceses, coa Confederación Xeral de Traballadores (CXT) á cabeza.
As rúas de Vigo ateigadas de xente este 8-M (Foto: Javier Vázquez / Europa Press(.
8-M

A Galiza tínguese de violeta nunha nova xornada histórica para a loita feminista

Chova, vente ou neve, o movemento feminista non deixa de saír á rúa para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres. Moreas de paraugas de todas as cores pintaron as prazas de cidades e vilas galegas para acabárense fundindo nunha soa: a violeta.
Luca Chao, politóloga; Ximena González, membro da Marcha Mundial das Mulleres e Montse González, directora do CIM de Bueu. (Foto: Nós Diario)
star
SOCIAL

Os feminismos advirten de que sen servizos públicos non hai igualdade

Para conmemorar o Día Internacional das Mulleres Traballadoras, esta cuarta feira, 8 de marzo, 'Nós Diario' conversa coa politóloga e doutora en Ciencias Sociais Luca Chao, coa militante da Marcha Mundial das Mulleres Ximena González e coa directora do Centro de Información á Muller (CIM) de Bueu, Montse González, para analizar como o desmantelamento dos servizos sociais afecta de maneira especial ás mulleres.
Mobilizacións polo 8M en Santiago de Compostela este 2022. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O feminismo galego comeza a organizar os seus actos de cara ao vindeiro 8-M

Estas son as principais mobilizacións que se desenvolverán arredor do país para conmemorar o Día Internacional da Muller
Instalación de eólica mariña de Iberdrola en Escocia (Foto: Europa Press).
SOCIAL

A coordinadora 'Eólica, así non' mostra o seu rexeitamento ao Plan estatal de eólica mariña

O colectivo apoia a convocatoria de manifestación da Plataforma en defensa da pesca e os ecosistemas mariños para o próximo 11 de marzo na Coruña.
Persoal do SAF compostelá manifestouse ante o salón de plenos (Foto: Arxina).
TRABALLO

As traballadoras do SAF compostelán mobilízanse ante o pleno municipal

O persoal denuncia que cobra por baixo do Salario Mínimo Interprofesional (SMI).
Camión circula pola estrada en Pedrafita do Cebreiro (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
star
ECONOMÍA

O prezo do gasóleo medrou 14,7% nos últimos 12 meses

No último ano o prezo do gasóleo subiu 14,7% e a entrada en vigor das novas sancións dos Estados da Unión Europea (UE) a Rusia podería facer que o custo do carburante encarecese nos vindeiros meses, unha situación que, unida á diminución da bonificación dos carburantes para profesionais do transporte por estrada no segundo trimestre e a posterior eliminación en xuño, xera preocupación neste sector.
Imaxe da mobilización convocada pola CIG que percorreu hoxe as rúas de Vigo. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

A CIG mobilízase contra a reforma das pensións proposta polo Goberno estatal

A central sindical denuncia o empobrecemento das clases populares.
Pilar Carro (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Pilar Carro: "O 'Nunca Máis' e o 'Nón á Guerra' foron movementos transversais na sociedade galega"

Pilar Carro era directora do Instituto A Sangriña (A Guarda) durante as mobilizacións do 'Nunca Máis' e do 'Non á Guerra' e viviu de primeira man como o a sociedade galega se levantou en autodefesa. Curro conversa con 'Nós Diario' acerca das mobilizacións e como a afectaron profesionalmente.
Manifestación xuvenil contra as reformas das pensións en Francia. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Manifestacións en Francia contra o atraso da xubilación aos 64 anos, que no Estado español está en 67

A folga xeral que sucedeu na quinta feira, 19 de xaneiro, en Francia contra o atraso da idade de xubilación tivo este sábado unha continuación con mobilizacións en todo o Estado francés. Unha idade de xubilación que, no Estado español, no ano 2011 foi atrasada polo Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero de 65 a 67 anos.
Muller manifestándose o pasado 20 de xaneiro en Arequipa, Perú (Foto: Lucas Aguayo Araos / dpa)
INTERNACIONAL

Ascenden a 60 os mortos nas protestas masivas no Perú

O ministro do Interior, Vicente Romero, sinalou que arredor de 3.700 manifestantes saíron ás rúas de Lima na xornada do venres.

A presenza policial incrementouse no Perú (Foto: Lucas Aguayo Araos / dpa).
INTERNACIONAL

As protestas continúan no Perú un día despois dunha xornada que deixou 17 mortes

Segundo o último reporte da Superintendencia de Transporte Terrestre de Persoas, Carga e Mercadorías (SUTRAN), na mañá desta terza feira amenceron bloqueados 45 puntos de estradas en seis rexións do país, afectando 10 vías nacionais.
Protestas no Perú contra Dina Boluarte (Foto: Carlos Garcia Granthon / ZUMA Pres / DPA).
INTERNACIONAL

VÍDEO | Reanúdanse as protestas no Perú contra o Goberno de Dina Boluarte

Organizacións sociais de Arequipa, Puno, Cusco, Apurímac, Moquegua, Madre de Dios e Ayacucho anunciaron folga indefinida.
Acto de homenaxe da Asociación de nais de vítimas do conflito interno aos mortos pola represión. (Foto: Miguel Gutiérrez)
INTERNACIONAL

Protestas, represión e enterros no Perú

O Executivo de Dina Boluarte trata de aparentar que as protestas acabaron após 31 mortes, co apoio dos principais medios de comunicación, aínda así, a poboación segue a protestar en múltiples rexións, e os responsábeis dos asasinatos de manifestantes continúan sen ser investigados pola Xustiza peruana.
A sindicalista da CIG Carmen Naveira (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Carmen Naveira, presidenta do comité de empresa de Inditex: "Traballar en Inditex con Marta Ortega é máis duro"

Traballadoras das tendas de Inditex nos concellos comprendidos na provincia da Coruña desenvolverán esta sexta feira unha folga en denuncia pola "discriminación que viven nesta empresa". Nós Diario conversa con Carmen Naveira, traballadora de Zara desde hai 20 anos e presidenta do comité de empresa na Coruña.
Feche de estrada na mañá de onte das rondas labregas de Virú, no oeste do territorio peruano (Foto: Juan Ventura).
INTERNACIONAL

Intensifícanse as protestas no Perú despois de dúas mortes pola represión

Tras a confusión posterior á destitución de Castillo, os movementos sociais están a impulsar manifestacións ao longo do país, con máis de 30 cortes de estrada, manifestacións dous aeroportos e mobilizacións multitudinarias.
Veciñanza de Corrubedo mobilizouse na mañá desta quinta feira (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Veciñanza de Corrubedo, en Ribeira, mobilízase en defensa da sanidade pública

Foi a propia veciñanza da parroquia de Corrubedo a encargada de convocar esta concentración en que, entre outras cuestións, exixía que se cubrise a única praza de médico que teñen na parroquia.