VÍDEO | Reanúdanse as protestas no Perú contra o Goberno de Dina Boluarte

Organizacións sociais de Arequipa, Puno, Cusco, Apurímac, Moquegua, Madre de Dios e Ayacucho anunciaron folga indefinida.
Protestas no Perú contra Dina Boluarte (Foto: Carlos Garcia Granthon / ZUMA Pres / DPA).
photo_camera Protestas esta cuarta feira no Perú (Foto: Carlos Garcia Granthon / ZUMA Pres / DPA).

Esta cuarta feira reanudáronse as protestas en contra do Goberno de Dina Boluarte no Perú, após a tregua polas festividades de Nadal e Aninovo.

Organizacións sociais de Arequipa, Puno, Cusco, Apurímac, Moquegua, Madre de Dios e Ayacucho anunciaron folga indefinida.

En Arequipa levouse a cabo unha marcha na cal participaron diversos gremios de traballadores, como o Sindicato de Construción Civil e comerciantes.

En Juliaca, provincia de San Román, en Puno, manifestantes bloquearon a estrada de acceso sur á cidade mentres se realizaba unha marcha na urbe.

En Cusco, os descontentos tamén se sumaron aos bloqueos de vías e marchas.

O servizo de trens cara a Machu Picchu foi suspendido polas protestas.

Nesa urbe, ademais, canceláronse as actividades na terminal terrestre, debido aos bloqueos nas estradas. Os pasaxeiros están á espera de que se renoven as viaxes.

No departamento de Cajamarca tamén hai mobilizacións, concretamente en Bambamarca, provincia de Hualgayoc. Nesa entidade informouse que campesiños retomarán o paro agrario.

Chamamento á calma

O presidente do Consello de Ministros peruano, Alberto Otárola, chamou á calma aos manifestantes. En declaracións á prensa, dixo que a protesta é un dereito da cidadanía, pero debe exercerse respectando o resto de persoas.

"O Goberno actúa con moita responsabilidade, respectando a vida e a integridade dos peruanos, pero tamén facendo respectar a orde pública e a propiedade privada e pública, que esperemos non sexa afectada nestas protestas", expresou.

Comentarios