VÍDEOS | As cidades francesas tórnanse un clamor contra a reforma das pensións de Macron

En París, decenas de manifestantes tomaron o centro comercial Chateau deas Aches, coreando frases como: "Abaixo, abaixo o 49.3!", "Xubilación aos 60, loitamos por gañala, loitaremos por mantela!", "París, levántate, levántate!".
Protestas en Nantes contra a reforma das pensións en Francia (Foto: Loic Venance / Afp / Dpa).
photo_camera Protestas en Nantes contra a reforma das pensións en Francia (Foto: Loic Venance / Afp / Dpa).

Este sábado producíronse novas manifestacións en varias cidades de Francia contra a aprobación da reforma de pensións do Goberno de Emmanuel Macron, que fixo uso do artigo 49.3 da Constitución do Estado francés, para elevar a idade de xubilación de 62 a 64 anos, sen pasar pola votación da Asemblea Nacional.

En París, decenas de manifestantes tomaron o centro comercial Chateau deas Aches, coreando frases como: "Abaixo, abaixo o 49.3!", "Xubilación aos 60, loitamos por gañala, loitaremos por mantela!", "París, levántate, levántate!".

No interior do recinto utilizáronse bombas de fume e despregouse unha pancarta de "folga xeral", recolle BMFTV. Mentres que, na Praza da Concordia, as mobilizacións quedaron prohibidas, informan medios locais.

"Debido ao grave risco de perturbación da orde pública e a seguridade […], queda prohibida calquera reunión na vía pública da Praza da Concordia e os seus arredores, así como na zona da Avenida dos Campos Elíseos", dixo a Prefectura, agregando que as persoas que se reúnan no lugar serán desaloxadas e probabelmente multadas.

Ao redor de 4.000 persoas congregáronse a tarde do sábado na praza de Italia en París, situada no distrito 13 da capital francesa. Algúns manifestantes lanzaron pirotecnia, así como tamén tentaron levantar barricadas e incendiar cubos de lixo, mentres se rexistraron enfrontamentos coa Policía.

As forzas de seguridade aseguraron a BFMTV que a Confederación Xeral de Traballo (CXT) pediu aos manifestantes que se dispersasen "debido á presenza de numerosos alborotadores".

Outras cidades

Na cidade de Marsella unhas 1.500 persoas reuníronse na praza Charles de Gaulles, mentres que en Toulouse un centenar de policías manifestáronse fronte ao Concello de ST-Orens.

"Mobilizámonos desde o principio contra a reforma de pensións, pero hai tamén ese enfoque profundamente antidemocrático que nos saca á rúa hoxe, o [artigo] 49.3, é intolerábel para nós", dixo un estudante a BFMTV.

Así mesmo, en Nantes preto de 9.000 persoas saíron ás rúas. Repórtase sobre o lanzamento de gases lacrimóxenos por parte dos axentes, mentres os manifestantes responden lanzando botellas de viño.

Na cidade de Brest, os sindicatos aseguran que 8.000 persoas marcharon polas rúas, pero a Policía informa sobre 5.000. Segundo medios locais, os manifestantes tentan tomar un centro comercial, exixindo un "bloqueo económico" tras ser forzados a retirarse da subprefectura da urbe despois de que os oficiais lanzasen gases lacrimóxenos.

En Caen, unha manifestación pacífica tornouse tensa despois de que un grupo minoritario de persoas se dirixise á estación para tentar bloquear os trens onde varios botes de lixo foron queimados e esnaquizáronse xanelas do edificio.

Mentres, en Bordeos as mobilizacións vólvense máis violentas. Un incendio desatouse despois do paso dunha multitude de manifestantes, mentres os bombeiros mobilízanse no lugar.

Mentres os disturbios avanzan, os residentes xa convocan a unha novena xornada de mobilizacións para o 23 de marzo.

Comentarios