migración

Rishi Sunak a cuarta feira. (Foto: Jessica Taylor / Uk Parliament Via / DPA)
INTERNACIONAL

A Xustiza británica frea o envío de solicitantes de asilo a Ruanda

Sunak apelará a decisión no Tribunal Supremo, despois de que a anulación desta política cuestione o seu plan migratorio.
Kyriakos Mitsotakis. (Foto: Angelos Tzortzinis / DPA)
INTERNACIONAL

Mitsotakis xura como primeiro ministro grego tras as eleccións do domingo

Case a metade da poboación de Grecia non votou na repetición dos comicios de maio, que permitiron aos conservadores obter a maioría absoluta a pesar de perder apoio grazas ao cambio de sistema electoral.
Kyriakos Mitsotakis, candidato da conservadora Nova Democracia en Grecia. (Foto: Giannis Papanikos / Zuma Press Wir)
star
INTERNACIONAL

A dereita grega encamíñase cara á maioría absoluta na segunda volta

Segundo as enquisas coñecidas, a repetición electoral en Grecia, que decorrerá mañá, favorece en primeira instancia Kyriakos Mitsotakis. O conservador busca un segundo mandato fronte a unhas forzas progresistas que aspiran a mellorar o resultado de maio. Aliás, na fin de semana tamén haberá eleccións en Guatemala e Serra Leoa. 

O fondo do mar

O camión en que se encontraban os 129 migrantes (Foto: Instituto da Inmigración de México).
INTERNACIONAL

Encontran 129 migrantes nun camión de carga en México

Miles de migrantes de diversos países cruzan México a diario coa intención de chegar a Estados Unidos. No camiño adoitan ser vítimas de grupos do crime organizado ou de traficantes de persoas.
Persoas rescatadas no naufraxio do mar Xónico. (Foto: Aegean Boat Report)
INTERNACIONAL

Centos de crianzas e mulleres desaparecidas no Mediterráneo

No mínimo 78 persoas morreron nun naufraxio a cuarta feira no mar Xónico, entre críticas pola actuación da Garda Costeira grega.
Rescate de Médicos Sen Fronteiras e a Garda Costeira italiana dun grupo de persoas no mar Mediterráneo a finais de maio. (Foto: Médicos Sen Fronteiras)
star
INTERNACIONAL

Case 80 migrantes morren afogados ao naufragar un barco fronte á costa grega

O mar Mediterráneo, a ruta migratoria máis mortífera do mundo, rexistra un novo afundimento dun buque ateigado tras a campaña masiva contra os migrantes en Libia e unha semana despois do acordo da UE para avanzar nun pacto migratorio.
O círculo de silencio, hoxe en Compostela. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Compostela acolle un "círculo do silencio" en apoio ás migrantes

O acto foi convocado pola Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas.
Rescate no mar Mediterráneo. (Foto: Michael Bunel / Zuma Press / Contactophoto)
INTERNACIONAL

O Consello de Europa reclama rematar coas expulsións ilegais

Avanzan as pescudas polas mortes en México despois do incendio nun centro de retención en Ciudad Juárez a comezos desta semana.
Cartaz 'advertindo' da presenza de migrantes, nos EUA.
INTERNACIONAL

Acnur considera ilegal a nova proposta de xestión migratoria de Washington

39 migrantes faleceron nun incendio nun centro de retención en México.
A autoridades italianas manteñen detido o 'Louise Michel' (Foto:  Europa Press/Contacto/Lmp).
INTERNACIONAL

A detención dun buque e a persecución doutro sinalan outra vez a acción de Italia no Mediterráneo

A autoridades italianas manteñen detido o 'Louise Michel' e, segundo a ONG, tentaron impedir un rescate humanitario. Outro barco, o 'Ocean Viking' da ONG, denuncia que foron perseguidos polos gardacostas libios ante a pasividade italiana.

Na procura de acubillo: cando a fuxida é a única opción

Migrantes rescatados chegan ao Reino Unido en setembro de 2022. (Foto: Gareth Fuller / PA Wire / dpa)
star
INTERNACIONAL

Sunak pon como obxectivo acabar coas migracións ao Reino Unido

O Partido Conservador británico lanza unha proposta para dificultar a chegada de migrantes sen regularizar ao país que viola a lexislación internacional segundo a ONU, e que está sendo interpretada como un intento de frear a caída electoral da formación a costa das persoas migrantes.
Varios migrantes tras saltar o valo de Melilla en xuño de 2022, cando accederon ao Estado español máis de 400 persoas subsaharianas. (Foto: Antonio Ruíz)
star
Análise

"Xardín" mortal

O xubilado e ex portavoz nacional do BNG Guillerme Vázquez analiza para 'Nós Diario' a política migratoria.
Daniel Vázquez Vila, no centro, coas directoras da tese e membros do tribunal, na Facultade de Humanidades. (Foto: USC).
SOCIAL

Unha investigación da USC alerta dos "estereotipos estigmatizadores" nos contidos audiovisuais

A tese de doutoramento ‘Unha historia de percepcións: Os movementos migratorios a través do audiovisual' desenvolvida por Daniel Manuel Vázquez Vila baixo a dirección de Elena Freire e Ana Cabana, salienta a influencia dos medios de comunicación sobre o imaxinario migratorio logo de analizar os estereotipos de 155 proxectos audiovisuais.

Na emigración atópase unha das chaves da perda de poboación. (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Galiza e os retos migratorios

O licenciado en Dereito e ensaísta Henrique del Bosque analiza para 'Nós Diario' os retos migratorios.
Carmen Lence, no centro, esta segunda feira en Madrid. (Foto: Grupo Lence)
Agora

Dous terzos das persoas que abandonan o rural son mulleres en idade fértil

Dúas de cada tres persoas que abandonan o rural son mulleres en idade fértil. Así o alertou esta segunda feira en Madrid a CEO do Grupo Lence, Carmen Lence, durante a súa intervención no II Foron Activistas por un mundo rural, impulsado por Leche Río. "Sen crianzas, o rural non ten futuro, e sen rural, perdemos a nosa soberanía alimentaria", proclamou Lence, que tamén sinalou as mulleres rurais "como unha peza imprescindíbel".