Encontran 129 migrantes nun camión de carga en México

Miles de migrantes de diversos países cruzan México a diario coa intención de chegar a Estados Unidos. No camiño adoitan ser vítimas de grupos do crime organizado ou de traficantes de persoas.
O camión en que se encontraban os 129 migrantes (Foto: Instituto da Inmigración de México).
photo_camera O camión en que se encontraban os 129 migrantes (Foto: Instituto da Nacional da Migración de México).

O Goberno de México reportou a detención de 129 persoas migrantes de diversas nacionalidades que viaxaban de forma irregular nun camión de carga no estado oriental de Veracruz.

O Instituto Nacional de Migración (INM) localizou os migrantes procedentes de Guatemala, Honduras, O Salvador e a India, dentro da parte traseira dun camión de carga mentres circulaba na localidade de San Isidro, municipio de Sayula de Alemán.

As autoridades informaron que, 51 migrantes de Guatemala viaxaban en núcleo familiar, polo que foron retornados de maneira asistida ao seu país de orixe, á cidade de Tecún Umán.

En tanto, 19 nenos non acompañados foron trasladados a un albergue onde quedarán baixo a tutela e protección da Procuradoría de Protección de Nenas, Nenos e Adolescentes do estado.

Á súa vez, 59 persoas adultas quedaron aloxados nunha estación migratoria onde se lles proporcionou auga e alimento.

Durante o operativo catro presuntos traficantes foron detidos e postos ao dispor das autoridades federais xunto con dous vehículos nos que se transportaban.

Vítimas de trata

Miles de migrantes de diversos países cruzan México a diario coa intención de chegar a Estados Unidos. No camiño adoitan ser vítimas de grupos do crime organizado ou de traficantes de persoas.

En maio, autoridades mexicanas acharon uns 50 migrantes que foran secuestrados entre os límites dos estados de San Luís Potosí e Novo León (norte do país).

Comentarios