Dous terzos das persoas que abandonan o rural son mulleres en idade fértil

Dúas de cada tres persoas que abandonan o rural son mulleres en idade fértil. Así o alertou esta segunda feira en Madrid a CEO do Grupo Lence, Carmen Lence, durante a súa intervención no II Foron Activistas por un mundo rural, impulsado por Leche Río. "Sen crianzas, o rural non ten futuro, e sen rural, perdemos a nosa soberanía alimentaria", proclamou Lence, que tamén sinalou as mulleres rurais "como unha peza imprescindíbel".
Carmen Lence, no centro, esta segunda feira en Madrid. (Foto: Grupo Lence)
photo_camera Carmen Lence, no centro, esta segunda feira en Madrid. (Foto: Grupo Lence)
Comentarios