MICE

MICE 18 edición
CULTURA

Máis de 3.000 persoas gozaron dos filmes e propostas da MICE

'Tolyatti Adrift', de Laura Sisteró, gañou na sesión oficial da Mostra
Entrega de premio na 18ª edición da MICE (Foto: MICE).
CULTURA

'Tolyatti Adrift' e 'Al otro lado del mar' triunfan na 18ª edición da MICE

'Tatuado nos ollos levamos o pouso', de Diana Toucedo recibiu o premio 'Crea'.
Coral Piñeiro é unha das impulsoras da Asociación Memoria e Cinema. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Coral Piñeiro: "Queremos crear un ámbito máis distendido no que aprender sobre a nosa historia"

Coral Piñeiro, creadora audiovisual, é a persoa detrás da peza promocional da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), onde tamén presenta a Asociación Memoria e Cinema xunto con dúas das súas obras. Nesta conversa, Piñeiro reivindica a memoria histórica e a súa difusión. "O que ocorre aquí tamén forma parte do contexto do que acontece noutras partes do mundo", salienta.
A artista Marta Valverde. (Foto: MICE)
CULTURA

A MICE mostra a obra de Marta Valverde

A artista ofrecerá tamén unha performance no Museo do Pobo Galego.
Un fotograma do filme dirixido por Eloy Domínguez Serén e Samuel Moreno Álvarez.
star
CULTURA

A MICE aborda novas formas de comunidade no espazo entre o rural e o urbano

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico desenvólvese entre hoxe e o día 21, concentrando a súa atención nos espazos rururbanos, lugares postergados onde se crean formas de vida que hibridan o rural e o urbano sobre as que o festival quere reflexionar.  
 
Jacobo Sutic, Concha Losada, Xosé Luís Penas, Ana Estévez e Mercedes Rosón. (Foto: Museo do Pobo Galego).
CULTURA

A MICE presenta o programa da súa 18ª edición, centrada no 'rururbano' e a perspectiva de xénero

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego presentou os once filmes que integran as seccións competitivas, catro deles, galegos.

A responsábel da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), Ana Estévez Lavandeira (MICE).
CULTURA

Ana Estévez: "Segue habendo dificultade para que as mulleres atopen quen as produza no cinema"

A 17º edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), organizada polo Museo do Pobo Galego, comezou onte e rematará o vindeiro 2 de abril. Nós Diario conversa coa súa directora, Ana Estévez Lavandeira, sobre a temática escollida este ano, o traballo, e as particularidades dun evento xa consolidado no panorama de festivais galegos de cinema.

Un fotograma do documental 'O último de Arganeo' (Foto: Pinancho Audiovisuais).
CULTURA

Tres obras galegas compiten na sección internacional da MICE

O festival, que se realizará do 28 de marzo ao 2 de abril en Compostela, recupera a presencialidade de todas as seccións e actividades.
PAULA_BALLESTEROS_02
CULTURA

Paula Ballesteros-Arias: "Galiza está nun proceso de cambio, a illa de Ons tamén, e quéroo amosar en 'Ons soa'"

Paula Ballesteros-Arias centrouse no estudo da paisaxe agraria actual na Galiza e tamén formou parte de equipos de traballo do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC). A comezos de abril participou na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), que organiza o Museo do Pobo Galego, coa mostra "Ons soa", unha exposición que conxuga material gráfico, audiovisual e sonoro e que resulta dos seus traballos e da súa experiencia vital na illa.
fandiño
CULTURA

'Neiti Aika' e 'A miña Terra', mellores filmes da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

'Entre pastores e lobos', de Manuel Pedrosa, gaña o Premio do Público da 16ª edición da MICE.
OS-CORPOS3
CULTURA

A MICE estrea 'Os corpos', de Eloy Domínguez

A MICE afronta a súa penúltima xornada desta edición coa estrea, na Galiza, da curtametraxe Os corpos, do galego Eloy Domínguez Serén.
mice
A mostra decorrerá do 6 ao 10 de abril

O cinema etnográfico volve ao Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo acolle a presentación oficial da programación da XVI Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, MICE, que chega no mes de abril.
foto illa bufarda_negro purpura
A mostra decorrerá do 6 ao 10 de abril en Compostela

O documental 'Negro púrpura' de Illa Bufarda inaugura a XVI MICE

A XVI Mostra Internacinoal de Cinema Etnográfico (MICE), que organiza o Museo do Pobo Galego en Compostela, inaugúrase o 6 de abril coa estrea de tres traballos documentais.
Victorina (informante do Vilar, Carnota) e María de Fetós
A MICE estrea 'Dorothé na Vila'

Tras as pegadas de Dorothé, retrato dun mundo que esvaece

Unha textura sonora granulada enmarca o canto dunha recollida, mentres a paisaxe do Courel ocupa a pantalla. Con esta potencia arrinca 'Dorothé na Vila', un documental que Alejandro Gándara e Olaia Tubío estrean hoxe na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (Compostela). As realizadoras seguen o rastro da musicóloga Dorothé Schubarth no seu percorrido pola Galiza desde finais dos anos 70, nun periplo que as levou a descubrir as historias que se agochan tras o 'Cancioneiro Popular Galego'.

xoves
Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

As mulleres protagonizan unha MICE entre o presencial e o virtual

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico que organiza o Museo do Pobo Galego enfronta a súa 15ª edición, logo de ser adiada por mor do confinamento, cunha programación que concilia o presencial e o virtual. Entre a escolma realizada destacan as proxeccións de obras galegas con protagonistas femininas, desde a curtametraxe de ficción 'Xoves de comadres', de Noemi Chantada, até a reconstrución das pegadas de Schubarth en 'Dorothé na Vila'.

museo pobo galego
CULTURA

O Museo do Pobo Galego activa en liña a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

Ao longo desta semana iranse publicando algunhas das películas que pasaron polo MICE e diferentes contidos formativos. 

e63e59ec-c755-4114-a4dc-4a6f422ddde5
CULTURA

As cancelacións polo coronavirus xa afectan á cultura galega

As primeiras vítimas foron a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) e o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay.

alentejo alentejo
Filmes portugueses e brasileiros no Museo do Pobo Galego

A conexión lusófona da Mostra de Cinema Etnográfico

Como en boa parte das músicas populares, as orixes do canto alentejano atópanse no traballo. No de homes e no de mulleres. Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco desde 2014, esta arte subalterna protagoniza Alentejo Alentejo, poderoso documental de Sérgio Trefaut e unha das pezas que apontan a conexión lusófona da MICE do Museo do Pobo Galego.
 

Puta Mina 2
Competirán 16 filmes

Sete estreas na sección oficial da mostra de cinema do Museo do Pobo Galego

Sete filmes dos 16 que conforman a sección oficial da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego serán estreas en Galiza. E catro deles, de produción galega. A 14ª edición do certame celebrarase do 25 ao 31 de marzo en Santiago de Compostela.
 

foto2
ANA ESTÉVEZ, DIRECTORA DESTE FESTIVAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO

“A MICE reflicte o extraordinario momento do documentalismo”

Do 13 ao 18 de xuño desenvolverase a 11ª Mostra Internacional de Cine Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego que, por vez primeira, ocupa tres sedes e inclúe concurso. Unha MICE consolidada sube chanzos no calendario de festivais cinematográficos e toma forza na rede internacional de cinema etnográfico. A directora Ana Estévez achéganos ao meolo da MICE.