mar

Mariscadoras apañan ameixa en Cambados (O Salnés). (Foto: Mareguera).
star
Análise

Máis limpo é quen menos ensucia

Rogelio Santos Queiruga é mariñeiro e divulgador.
A deputada nacionalista Rosana Pérez, desde a tribuna do Parlamento galego. (Foto: Nós Diario)
Mar

O BNG denuncia que Altri pode ser "o tiro de graza" para unha ría de Arousa "en continua caída produtiva"

Rosana Pérez lembra que só nos últimos tres anos a ría perdeu 200 mariscadores e mariscadoras, 7% das que había en 2020.
Invernadoiro de agricultura ecolóxica en Cerceda (comarca de Ordes). (Foto: Horta da Lousa)
star
ECONOMÍA

Medra a produción galega en ecolóxico, que xa factura máis de 112 millóns de euros ao ano

Segundo os últimos datos do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (Craega), na Galiza hai 1.506 operadoras ecolóxicas. Na última década, aumentaron un 148%, chegando a 1.142 produtoras e 364 elaboradoras. A produción animal representa perto do 56%, a vexetal un 25% e acuicultura e algas un 18%.
Exemplar de 'Actinia equina', tomate de mar, na contorna da Pedra dos Cadrís, en Muxía. (Foto: Eva Velasco).
Mar

"Alguén sabe que é isto?": as redes sociais, aliadas da biodiversidade

Animais xelatinosos, peixes, mamíferos mariños. Á costa galega chegan cada ano centos de seres vivos que acaban nas galerías de imaxes de observadores anónimos. Moitas desas capturas dan o salto ás redes sociais, onde investigadores do IEO de Vigo atoparon miles de mostras para un mellor coñecemento da vida costeira.
A actividade pesqueira é chave nos municipios da ría de Arousa.
ECONOMÍA

O marisqueo xera na Arousa o triplo de empregos directos que os prometidos por Altri na Ulloa: "A celulosa sería o final"

A ría de Arousa é un dos grandes pulmóns económicos da Galiza pola relevancia do sector pesqueiro, que resulta determinante a efectos de emprego e PIB para as comarcas do Barbanza e O Salnés. O sector do mar alerta do risco que representa a instalación da factoría de Altri para a súa actividade.

O ‘Mariñeiro 2’, con base en Burela, pescou polbo, nécoras, centolas e santiaguiños durante a campaña do pasado Nadal. (Foto: Carlos castro / Europa Press).
TRABALLO

A veda do polbo estenderase durante os meses de maio e xuño

Xunta e sector contemplan unha veda de catro meses para a campaña de 2025-26, dous dos cales se subvencionarían como paro biolóxico

Javier Babé capitanea a expedición da 'Peregrina'. (Foto; Reto Astrolabio)
SOCIAL

Como se navegaba no século XVII? Así avanza o 'Reto Astrolabio', unha viaxe única na historia da navegación moderna

A tripulación do veleiro 'A Peregrina', capitaneada por Javier Babé, navega valéndose só de instrumentos renacentistas neste particular reto de navegación que se plasmará nun documental no que participa a TVG.
Sede de Pescanova, en Vigo. (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

Nueva Pescanova aumenta as perdas a 73 millóns en 2023, mais Abanca insiste na súa recuperación

O Dépor tamén eleva as súas perdas até os 4,5 millóns de euros.
O ano pasado chegou ás lonxas galegas (na imaxe, a de Burela) a menor cantidade de peixe e marisco en case dúas décadas. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Agora

O Ministerio descarta baixar o IVE aos produtos pesqueiros

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, descartou esta sexta feira a petición que volveu trasladar o sector do mar de baixar o IVE aos produtos pesqueiros para impulsar o seu consumo. "Pensamos que para potenciar o consumo de peixe o mellor é facelo vía da promoción e da creación de valor, máis que polo IVE cero do peixe", puxo de manifesto o ministro. Pola súa parte, o secretario xeral de Cepesca, Javier Garant, cre que o Goberno español "erra" á hora de non eliminar o IVE dos produtos pesqueiros. "Estamos convencidos de que a eliminación do IVE sería fundamental para cambiar a tendencia do consumo", dixo.
Parque de eólica mariña promovido por Acciona. (Foto: Europa Press)
Mar

A Plataforma en Defensa da Pesca alega contra o proxecto da eólica mariña

Sinala á inviabilidade da pesca nas áreas afectadas polos eólicos.
Arrastreiro portugués no porto de Muros. (Foto: Ángeles Piñeiro).
star
Análise

A integración das sociedades mixtas na Política Pesqueira Común

Ángeles Piñeiro é profesora do Departamento de Xeografía da USC.
Rolda de prensa de Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Aurousa (Foto: Ulloa Viva).
SOCIAL

"Un ataque ao corazón do interior da Galiza": rural e mar únense contra o proxecto de Altri

A Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa ofreceron esta sexta feira unha rolda de prensa na que animaron a presentar alegacións ao proxecto de Altri en Palas de Rei.
Unha lata de mexillóns. (Foto: Nós Diario)
Xustiza

Sentenza pioneira: só os mexillóns con denominación de orixe poden facer referencia á Galiza

A Audiencia da Coruña estima que as latas de mexillóns alleas á DOP con referencias ao país infrinxen a súa exclusiva.
A vicepresidenta e ministra Teresa Ribera, nunha comparecencia recente. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)
ECONOMÍA

O Goberno español seguirá adiante coas poxas da eólica mariña malia carecer dos estudos sobre o impacto na pesca

A ministra Ribera reuniuse con representantes da Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños e prometeu instaurar unha mesa de traballo para abordar os próximos pasos "desde o diálogo".
Evolución da cantidade de embarcacións rexistradas 
da frota pesqueira galega entre os anos 2012 e 2023.
star
Mar

A pesca galega perdeu 436 buques en doce anos: desapareceron un de cada dez, 36 barcos menos por ano

A frota pesqueira galega perdeu unha de cada dez embarcacións entre 2012 e 2023, segundo corroboran os datos do Rexistro de Busques Pesqueiros da Galiza. Tan só no último ano, a caída de barcos activos neste sector foi de 37, sendo o descenso xeneralizado nas zonas de pesca galegas, ao atinxir oito das nove nas que Pesca da Galiza divide o territorio galego para elaborar a súa estatística.
Traballadoras da conserveira Jealsa, en Boiro (Foto: Jealsa).
Xustiza

O TSXG ve "indicios" de que Jealsa non cumpre a súa autorización ambiental e insta a Xunta a actuar

Unha recente sentenza recolle que unha empresa que ten un criadeiro na zona viu prexudicada a súa produción por unha serie de verteduras, "diminuíndo a produción até chegar a cero en 2021".
Un camión con madeira chega ao complexo industrial de Ence na ría de Pontevedra (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press).
SOCIAL

A resposta da APDR a Ence: “Mentimos nós ou son vostedes os mentireiros?”

A ampliación da celulosa de Lourizán suporá un incremento no consumo de eucalipto de 1.316.713 t/ano a 2.100.000 t/ano

Rúas de Andoain, en Euskadi, inundadas o 27 de febreiro. (Foto: Unanue / Europa Press)
INTERNACIONAL

Febreiro, o noveno mes consecutivo que racha o récord de temperatura

Os océanos -agás os polares- fixaron unha nova marca de calidez.
O complexo industrial de Ence, en Lourizán, na Ría de Pontevedra. (Foto: Europa Press)
Medio Ambiente

A APDR denuncia a intención da Xunta de ampliar a fábrica de Ence

O colectivo advirte do "aumento da agresión ao medio e das molestias á veciñanza". 
EuropaPress_3562651_batea_mejillones_illa_arousa(1)
SOCIAL

O sector do mar da Arousa rexeita a celulosa de Altri en Palas: "Non se xustifica a necesidade"

A preocupación apodérase do sector do mar de Arousa diante do proxecto de Altri de erguer unha planta de celulosas en Palas de Rei, na comarca da Ulloa, que botaría as verteduras ao Ulla, río que desemboca na ría de Arousa. Neste sentido, diversos colectivos representativos do sector do mar xa tomaron posición en contra da proposta.