O Ministerio descarta baixar o IVE aos produtos pesqueiros

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, descartou esta sexta feira a petición que volveu trasladar o sector do mar de baixar o IVE aos produtos pesqueiros para impulsar o seu consumo. "Pensamos que para potenciar o consumo de peixe o mellor é facelo vía da promoción e da creación de valor, máis que polo IVE cero do peixe", puxo de manifesto o ministro. Pola súa parte, o secretario xeral de Cepesca, Javier Garant, cre que o Goberno español "erra" á hora de non eliminar o IVE dos produtos pesqueiros. "Estamos convencidos de que a eliminación do IVE sería fundamental para cambiar a tendencia do consumo", dixo.
O ano pasado chegou ás lonxas galegas (na imaxe, a de Burela) a menor cantidade de peixe e marisco en case dúas décadas. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
photo_camera O ano pasado chegou ás lonxas galegas (na imaxe, a de Burela) a menor cantidade de peixe e marisco en case dúas décadas. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Comentarios