Contracultura
Baia Fernández: "Facilitar a lectura fai que as crianzas con dislexia non se desconecten das historias"
10/xan./24
Baia Fernández de la Torre é escritora de contos ilustrados, poeta, comunicadora e adestradora emocional. Dentro desa polivalencia, ela mesma se define como "creativa". Agora vén de publicar 'Caracol, cara de col'; un álbum con ilustracións de Tania Solla e concibido para a cativada que padece dislexia e que trata sobre a importancia da autovaloración e da aceptación dunha mesma. Con este traballo, financiado a través do mecenado, Baia Fernández busca promover o galego e lograr que os nenos e nenas con dislexia non se desconecten da lectura.