libro

Xosé Luís Pastoriza é membro do departamento de Filosofía e Antropoloxía da Universidade de Santiago. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Xosé Luís Pastoriza: "Grazas ás cartas podemos observar o proceso de transmisión xeracional do galeguismo"

Xosé Luís Pastoriza (Vigo, 1977) vén de editar 'A semente caía en terra propicia', o epistolario que Ramiro Illa Couto mantiña co seu irmán, Xaime. Ademais, Pastoriza é un dos autores do libro que segue a vida e obra deste, Xaime Isla Couto. Repensar Galicia, proxectar Galicia, facer Galicia. Ambos volumes poden descargarse de balde na páxina web da Fundación Illa Couto. 
Actuación de Suso López na Porta XIII de Vila Nova de Cerveira. (Foto: Helena Pousa)
star
Análise

Portugal tan preto e tan lonxe

Helena Pousa é filóloga e investigadora sobre os elementos lingüísticos e culturais do Baixo Miño.
Armando Requeixo, Rocío Carolo, Marcos Calveiro, María López Sández e Amancio Liñares Giraut, o xurado do premio.
CULTURA

Yolanda Castaño faise co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2023

O ensaio critica  procederes dos distintos axentes do sistema cultural tendentes á desprofesionalización do oficio autorial e á minusvalorización das súas achegas.
A escritora e xornalista Sara Vila. (Foto: Gonzalo García)
Contracultura

Sara Vila: "A adolescencia é un momento de catarse e de ser conscientes de cuestións como a morte"

Sara Vila (As Neves, 1989) é a autora de 'O incendio', o título galardoado co XLII Premio Blanco Amor de novela que convoca a Deputación de Ourense. A obra xira arredor da adolescencia, os coidados e as problemáticas presentes no día a día do rural.
A escritora Andrea Maceiras ten máis dunha ducia de obras dirixidas ao público infantil. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Andrea Maceiras: "A calma non sempre é a emoción necesaria, precisamos todas as outras para ter vida plena"

Andrea Maceiras (A Couña, 1987) é a autora de 'Burbullas de calma serena', unha obra infantil editada por Cuarto de Inverno e que mestura a educación emocional con elementos propios da ciencia ficción, como os extraterrestres.
Un momento da performance 'Acción Anakoluto', que inspira unha parte do libro de Antón Reixa. (Foto: Chan da Pólvora)
star
CULTURA

A simulación do real no novo libro de Antón Reixa

O real confróntase coa simulación do real no novo libro de Antón Reixa, 2ª man (Chan da Pólvora). O poeta desvela as trampas ideolóxicas que conforman a nosa visión do mundo, ao tempo que sinala os lugares onde se refuxia a beleza na sociedade contemporánea. O autor liberará a súa performance Acción Anakoluto no local Río Lagares de Vigo esta quinta feira.
En Foz (A Mariña) atópase a Libraría Bahía de Cielo Fernández. [Foto: Paula dos Anjos]
Contracultura

Cielo Fernández: "Un dos retos máis importantes que enfrontan as librarías é a dixitalización xeral do sector"

A Federación de Librarías da Galiza conta desde este mes de decembro cun novo equipo directivo, que asume os retos e necesidades do sector. A dirección está liderada por Cielo Fernández, propietaria da Libraría Bahía en Foz (A Mariña), que afronta esta nova etapa da Federación con ganas e ilusión por superar as dificultades que o sector do libro encara no futuro máis próximo.
Un neno palestino sentado entre os cascallos dun edificio destruído, tras un ataque aéreo israelí no sur de Gaza (Foto: Abed Rahim Khatib).
star
Análise

A memória palestina em galego

Victorino Pérez Prieto é escritor.
Roberto Fernández Álvarez. (Foto: S.G.)
star
Libros

As aventuras dunha médica rural

Miguel López 'Hematocrítico'. (Foto: Daniel Puente Bello)
star
Libros

Felizes e ferozes

En concreto, o ciclo do libro

A escritora e ilustradora Ana Moreiras (Foto: Sara Pardo).
CULTURA

Ana Moreiras: "Para ilustrar a historia adéntrome no personaxe, imaxino as súas actitudes, reaccións e xestos"

Ana Moreiras é profesora de secundaria e escritora de novelas gráficas. Após a súa primeira obra, Madialeva (Aira), publicou en novembro Xaora (Aira), que presentou esta semana en Compostela. Nela, trata un momento en que Virxinia, a protagonista, se atopa perdida. As súas dores físicas e mais as cicatrices emocionais tráena sen azos, buscando respostas para as grandes preguntas ás que se quere enfrontar como adulta. A visita da pantasma da súa avoa, vitalista, descarada, feliz por recuperar o vizo da mocidade, vai axudala a comprender que é o realmente valioso e auténtico.
 

'Mans para mapa', por Eva Teixeiro

As vidas tranquilas

Salvador Soutullo na residencia DomusVi San Lázaro. (Foto: Arxina).
Entrevista

Salvador Soutullo, escritor: "Os coidados teñen que ser públicos e accesíbeis"

O escritor e colaborador de Nós Diario Salvador Soutullo (Catalunya, 1965) presenta esta terza feira un libro que, segundo asegura nas primeiras páxinas, nunca pensou en escribir. 'Coidados de maiores e enfermos' é o resultado da súa experiencia como doente de diabetes e usuario dunha residencia de maiores tras sufrir unha amputación.

'As bibliotecas non pagan', por Elisa I. López Rodríguez

A ilustradora Tania Solla. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Tania Solla: "En 'Tinta do mar' debuxei o 'Prestige' afundido e Luísa Villalta coa bandeira de Nunca Máis"

Tania Solla ilustra oito das once biografías que compoñen a serie 'Mulleres Galegas' do colectivo Polo Correo do Vento, publicadas po Lela Edicións. Estes libros tratan o percorrido de vida de mulleres decisivas da Galiza. Acaban de publicar unha nova incorporación á colección, titulada Tinta do mar, pequena biografía de Luísa Villlalta, en lembranza da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024.
Detalle da capa do libro.
star
Libros

Lembrar para acoller a morte

carmne
star
Libros

As que pelexan para que non se faga o escuro

A escritora Andrea Barreira. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Andrea Barreira: "Todo o mundo é capaz de aprender a coidar"

Andrea Barreira (A Fonsagrada, 1986) vén de ser galardoada co Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade grazas á súa obra 'Quen precisa unha avoa?'. Barreira aborda os coidados e as necesidades de crianzas e maiores, mais tamén as esixencias que a sociedade pon sobre elas.