Nicolasa Castro
24/nov./23 11:27
Hoxe, e cada 25 de novembro desde 1960, o feminismo denuncia a persistencia das violencias machistas que impiden que as mulleres teñan unha vida digna e libre. Porén, aínda que estamos ante unha data asumida polas institucións, non se están poñendo todos os medios necesarios para pórlle freo á violencia machista, ferramenta do sistema patriarcal que somete as mulleres. Mostra disto é a persistencia, aínda a día de hoxe, de desigualdades no ámbito laboral, algo patente, por exemplo, na existencia de diferenzas salariais entre homes e mulleres.