Parlamento

O PSdeG pide introducir a educación afectivo-sexual no currículo escolar

A Xunta fala de "compromiso transversal".
A deputada do PSdeG no Parlamento galego Noa Díaz. (Foto: Nós Diario)
photo_camera A deputada do PSdeG no Parlamento galego Noa Díaz. (Foto: Nós Diario)

A deputada do PSdeG Noa Díaz exixiu onte á Xunta da Galiza a introdución da educación afectivo-sexual no currículo educativo, ao que a secretaria xeral de Igualdade, Sandra Vázquez, respondeu asegurando o "compromiso transversal" existente neste ámbito. 

Na comisión parlamentaria que aborda asuntos relativos a educación, Díaz pediu información a raíz do incremento da violencia sexual e sobre "os criterio do Goberno galego" en relación con este problema, así como medidas para afrontalo

Na súa quenda, a secretaria xeral subliñou "o firme compromiso a favor da igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na loita contra a violencia de xénero". 

En termos globais, a titular de Igualdade afirmou que o Executivo galego ten ese "compromiso transversal" para "incidir" na educación afectivo-sexual, ao que a socialista replicou que a súa formación non estaba falando "de talleres" e que iso "dálle a risa". Por iso, Díaz insistiu en cuestionar "de que maneira se aplicou a transversalidade no sistema educativo galego". 

Comentarios