idioma

O conselleiro de Cultura participou na inauguración da mostra, en xullo deste ano. (Imaxe: Europa Press)
LINGUA

A Xunta volve facelo: “Como che imaxinas a Galicia futura?”

Tres meses despois de ser inaugurada a exposición “Galicia Futura” a Xunta da Galiza aínda recolle en páxinas web institucionais un erro que chamara a atención das persoas usuarias: “Como che imaxinas a Galicia futura?”.

Carreira pola lingua e pola normalización lingüística da mocidade e a infancia en Vigo nos anos 2018.
LINGUA

Tesoirada á promoción do galego: o orzamento cae dos 13 aos 10 millóns

Unha das partidas que se reducen no proxecto de orzamentos da Xunta da Galiza para 2022 é a dedicada á normalización lingüística. A promoción do galego recibe 3 millóns de euros menos que en 2021, ao pasar dos 13 aos 10.

Pedro Sánchez e António Costa, no Foro da Toxa (Imaxe: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
LINGUA

Sánchez anuncia un "proxecto estratéxico" que enxalza o español e esquece o galego, o catalán e o euskera

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, anunciou na mañá da sexta feira que o Consello de Ministros vai aprobar un Proxecto Estratéxico nas próximas semanas co obxectivo de xerar oportunidades de negocio tendo como base a lingua española. Chamarase "O español, val da lingua" e con el quere aproveitar o potencial do idioma en multitude de campos como a tecnoloxía, o turismo ou a industria. Nada di ao respecto das outras linguas oficiais do Estado español.

Digo Moraima

Aleksandr Dziuba leva dous anos estudando lingua galega (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Aleksandr Dziuba: "O obxectivo deste dicionario é crear unha ponte entre o galego e o ruso"

Aleksandr Dziuba é un cidadán ruso que vive na Galiza e que acaba de confeccionar e publicar na web o primeiro dicionario bilingüe ruso e galego. O seu obxectivo é crear unha ponte exacta entre a lingua romance e a lingua eslava, con vistas a facilitar a aprendizaxe persoal e o traballo de moitas persoas nas que conflúen as dúas linguas. Aleksandr, nun galego fluído, explica que a nosa é unha lingua máis rica aínda do que se recolle no dicionario da RAG, e que no seu dicionario quere deixalo patente.
 

DI

De portadas e palabras preferidas

Ione Belarra, Yolanda Díaz e Pablo Iglesias no traspaso de carteiras ministeriais, após súa renuncia. (Foto: J. Hellín. POOL / Europa Press)
SOCIAL

Podemos pide no Congreso "dignificar" todos os acentos

O grupo Unidas Podemos pediu no Congreso medidas que combatan “as burlas e mesmo a discriminación" por cuestión de acento”.

As declaracións tiveron lugar no marco dun acto da campaña 'Suma co galego, a lingua que nos une' (Foto: BNG).
SOCIAL

Ana Pontón ve no movemento neofalante a "esperanza" do galego

A portavoz nacional do BNG pon en valor ás persoas que protagonizan o proceso de “reapropiación” do idioma ante "a política lingüística de desgaleguización que practica o PP".

Nós tamén falamos galego

Para que serve unha lingüista?

Ten futuro o galego?

Concentración diante da terminal do aeroporto Rosalía de Castro (Nós Diario).
Concentración no aeroporto Rosalía de Castro

“Enaire non responde ás nosas solicitudes por estaren en galego”

A FGAMT-CIG realizou na mañá da sexta feira unha concentración no aeroporto Rosalía de Castro para denunciar “a vulneración de dereitos sindicais e lingüísticos tan básicos como o dereito á información, á representación sindical e ao emprego do noso idioma” por parte de Enaire, entidade dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e que conta cun centro de traballo no Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro.

O desfoque normativista

Memoria umbilical

Intransigência e autoodio

O secretario xeral do PP na Galiza, Miguel Tellado, en rolda de prensa.
LINGUA

O PP leva ao Parlamento unha iniciativa contraria ao galego nas aulas

Grupo Parlamentario Popular presentou no Parlamento galego unha proposición non de lei urxente ante a "preocupación" que lle suscitan as modificacións da reforma educativa.

O secretario xeral do PP na Galiza, Miguel Tellado, en rolda de prensa.
LINGUA

O Partido Popular volve á carga contra o galego

O PP, a través do seu secretario xeral na Galiza, Miguel Tellado, aproveitou a proposta da reforma educativa formulada polo Goberno estatal para valorizar o español fronte ao galego no ensino.
correlingua
LINGUA

O Correlingua volta aos centros de ensino no seu 20 aniversario

Correlingua fecha a paréntese aberta pola pandemia e volta aos centros de ensino para reclamar unha vida en galego e o dereito ao uso da lingua propia da Galiza. Faino baixo o lema "Vinte coa lingua" no seu vixésimo aniversario.

Lingua e poder