identidade

O fotógrafo holandés Ton Van Vliet, onte, a carón das  fotografías súas realizadas en Agolada na década dos 70.
star
CULTURA

Miradas desde fóra que axudan a construír a identidade galega

Unha exposición en Compostela, comisariada por Antón Reixa e Xosé Luís Canido, investiga a pegada deixada pola Galiza na obra de 50 autores universais como García Lorca, John Berger, Stephan Zweig, Miles Davis, David Chipperfield ou Sebastiao Salgado.

Días Brancos

Festa dos Maios en Combarro (Poio). / José Olgón
star
Arte e simboloxía nunha festa popular

A soberanía estética dos Maios

Os Maios constitúen unha manifestación estética que sintetiza varias formas de creación: a plástica dos propios Maios, as cántigas que se compoñen para a ocasión, as danzas de moitas localidades galegas... Todas elas son a expresión popular dun campo simbólico que axuda a reafirmar unha identidade e que contribúe a instaurar un imaxinario artístico propio. Onte tiveron lugar os primeiros en Pontevedra, en Poio, en Redondela, no Salnés, en Verín, no Barco... e nos próximos días aínda haberá máis Maios por diversos puntos da xeografía galega.
 
A música Carmen Penim transmite na súa obra a súa relación coa natureza (Foto: Xoán Arco da Vella).
Contracultura

Carmen Penim: "A nosa lingua implica toda unha maneira de ver e de estar no mundo e crea identidade"

Carmen Penim, cantante e compositora, vén de publicar o seu novo traballo, 'A Fraga de Pasacorrendo' (Toxosoutos), en que aborda temas como as emocións e a relación coa natureza, así como a creación de historias para as crianzas incorporando “moitos recursos da narración oral, porque é algo que está dentro de min”.
Unha das salas da exposición no Centro Iberoamericano de Cádiz. (Foto: Ada Cerdá)
CULTURA

A arte contra as ideas de centro e periferia

Os discursos sobre a modernidade elabóranse desde os "centros", mais as "periferias" crean os seus propios paradigmas que cuestionan as xerarquías. Unha exposición no Centro Iberoamericano de Cádiz confronta obras de artistas galegos e andaluces na busca de complicidades e paralelismos.

Co entusiasmo que esperta no ánimo o Sentimento da patria

Conciencia nacional para sermos nós

Celebración

Visitantes percorren as salas da exposición.
star
Reportaxes

Cidades no tempo. A Galiza urbana

Que sabemos realmente das cidades galegas? Cal é o papel que xogan A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo á hora de construír a identidade da Galiza? No mundo cara ao que nos diriximos, é posíbel aínda seguir a pensar nunha Galiza con identidade predominantemente rural, na que as urbes ocupan un segundo lugar? Estas e outras preguntas intenta responder a exposición Cidades no tempo, un proxecto da Consellaría de Educación e de Afundación, comisariado polo escritor e profesor da USC Manuel Gago.

Dúas faces do supremacismo españolista

Odio e desinformação

O outro cuarto propio

'Como tizón queimado', obra de Christian García Bello. (Foto: Colección CGAC) #cgac #arte #christiangarcíabello
star
CULTURA

A arte vincula o mar e a identidade

A exposición Pingas rompentes, no Museo do Mar de Vigo, explora os diferentes modos en que a veciñanza co Atlántico modela a visión do mundo na Galiza. 
A célebre mesa camilla de Ramón Piñeiro ten un lugar destacado na montaxe (Foto: Lucia R. Regueiro).
star
CULTURA

O teatro que recupera a memoria e a identidade

As compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante estrean a peza de Manuel María A lúa vai encuberta, un percorrido pola historia contemporánea que desafía os silencios sobre a identidade galega. 
Un dos debuxos de guerra que se amosan na exposición. (Foto: Comodato Colmeiro) #colmeiro #arte #debuxo #guerra
CULTURA

Colmeiro: identidade e vangarda. A cara máis comprometida do pintor

Unha exposición na Fundación Torrente Ballester de Santiago presenta unha imaxe rupturista de Colmeiro, que o distancia dos tópicos que o definen como un paisaxista "lírico" e clasicista, e que presenta a súa obra entre dous polos en diálogo: a construción nacional galega e a vangarda artística internacional. 
Imaxe dos Riazor Blues na bancada de Matarhón Inferior, na que se poden observar varias bandeiras turcas. (Foto: Riazor Blues).
DEPORTES

Galiza nos ollos de 'Turcos e Portugueses'

Un investigador inglés indaga na identidade galega a través do fútbol.
IMG_20200423_154447 (1)
SOCIAL

Hayden Dopico: "As características sexuais dunha persoa non definen a súa identidade"

Hayden Dopico (A Coruña, 1991) asumiu a presidencia de Amizando, asociación galega en loita polo recoñecemento dos dereitos e das identidades trans, en 2020. Saír do armario levoulle tempo. Perto de seis anos entre o rexeitamento e a conquista dunha maior liberdade que só unha lei trans pode facer real, efectiva e duradeira. 
Ilustración dunha moura realizada por Miriam Quintía. (Foto: Cedida)
star
Rafael Quintiá, experto no mito da moura

Coñecer a mitoloxía, un "patrimonio inmaterial" da Galiza, para saber de nós

Rafael Quintía (Vigo, 1971) é antropólogo, profesor e escritor galego. Especialmente interesado na figura mitolóxica da moura, Quintía é autor do libro 'Análise estrutural e simbólica do mito da moura', onde analiza ao detalle todos os aspectos a ter en conta desta figura. Previo a isto, deu a coñecer a análise 'Mouros e mouras. Na procura de nós mesmos'. O antropólogo reivindica saber de onde vimos para saber cara a onde imos. 
Concentración contra a transfobia o pasado 16 de abril na Coruña. (Foto: @ArirFenda)
SOCIAL

Identidade, xénero e dereitos trans: entre o debate e o ruído

O ciclo 'Mulleres e realidades comúns' que desenvolve a Asociación Cultural Alexandre Bóveda recibe esta sexta feira a filósofa, activista feminista e investigadora Carme Adán, quen reflexionará sobre o debate e o ruído que rodea a construción da identidade de xénero e a lei trans.
A banda que acompaña Xurxo Fernandes no álbum: Rubén Montes, Rafa Morales, 
Pedro Lamas e Roberto Comesaña.
star
O investigador e intérprete Xurxo Fernandes presenta o seu último traballo: 'Levaino!"

Xurxo Fernandes: "Hoxe en día podes vivir en Nova York ou en Coristanco e hai moitas cousas que xa son comúns"

Quen escoite o último disco de Xurxo Fernandes, presentado a semana pasada, ben podería pensar que a música galega sempre estivo irmandada coa mediterránea. E se cadra si. Mais este é un dos primeiros álbums que as une de maneira tan declarada, como dúas faces deste artista e investigador das raíces orais: as galegas e as sefardís. O traballo de campo levouno a percorrer a Galiza enteira, pero tamén Turquía, Grecia, Bulgaria e Marrocos. Así, Levaino! pon o foco nas identidades, sempre minoritarias nun mundo globalizado, interrogando como sobrevivir nese contexto.