star
Reportaxes
Cidades no tempo. A Galiza urbana
08/xul./22
Que sabemos realmente das cidades galegas? Cal é o papel que xogan A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo á hora de construír a identidade da Galiza? No mundo cara ao que nos diriximos, é posíbel aínda seguir a pensar nunha Galiza con identidade predominantemente rural, na que as urbes ocupan un segundo lugar? Estas e outras preguntas intenta responder a exposición Cidades no tempo, un proxecto da Consellaría de Educación e de Afundación, comisariado polo escritor e profesor da USC Manuel Gago.
star
CULTURA
A arte vincula o mar e a identidade
14/out./21
A exposición Pingas rompentes, no Museo do Mar de Vigo, explora os diferentes modos en que a veciñanza co Atlántico modela a visión do mundo na Galiza.
star
CULTURA
O teatro que recupera a memoria e a identidade
10/set./21
As compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante estrean a peza de Manuel María A lúa vai encuberta, un percorrido pola historia contemporánea que desafía os silencios sobre a identidade galega.
CULTURA
Colmeiro: identidade e vangarda. A cara máis comprometida do pintor
22/xul./21
Unha exposición na Fundación Torrente Ballester de Santiago presenta unha imaxe rupturista de Colmeiro, que o distancia dos tópicos que o definen como un paisaxista "lírico" e clasicista, e que presenta a súa obra entre dous polos en diálogo: a construción nacional galega e a vangarda artística internacional.
DEPORTES
Galiza nos ollos de 'Turcos e Portugueses'
07/xul./21
Un investigador inglés indaga na identidade galega a través do fútbol.
SOCIAL
Hayden Dopico: "As características sexuais dunha persoa non definen a súa identidade"
17/maio/21
Hayden Dopico (A Coruña, 1991) asumiu a presidencia de Amizando, asociación galega en loita polo recoñecemento dos dereitos e das identidades trans, en 2020. Saír do armario levoulle tempo. Perto de seis anos entre o rexeitamento e a conquista dunha maior liberdade que só unha lei trans pode facer real, efectiva e duradeira.
star
Rafael Quintiá, experto no mito da moura
Coñecer a mitoloxía, un "patrimonio inmaterial" da Galiza, para saber de nós
04/maio/21
Rafael Quintía (Vigo, 1971) é antropólogo, profesor e escritor galego. Especialmente interesado na figura mitolóxica da moura, Quintía é autor do libro 'Análise estrutural e simbólica do mito da moura', onde analiza ao detalle todos os aspectos a ter en conta desta figura. Previo a isto, deu a coñecer a análise 'Mouros e mouras. Na procura de nós mesmos'. O antropólogo reivindica saber de onde vimos para saber cara a onde imos.
SOCIAL
Identidade, xénero e dereitos trans: entre o debate e o ruído
23/abr./21
O ciclo 'Mulleres e realidades comúns' que desenvolve a Asociación Cultural Alexandre Bóveda recibe esta sexta feira a filósofa, activista feminista e investigadora Carme Adán, quen reflexionará sobre o debate e o ruído que rodea a construción da identidade de xénero e a lei trans.
star
O investigador e intérprete Xurxo Fernandes presenta o seu último traballo: 'Levaino!"
Xurxo Fernandes: "Hoxe en día podes vivir en Nova York ou en Coristanco e hai moitas cousas que xa son comúns"
16/abr./21
Quen escoite o último disco de Xurxo Fernandes, presentado a semana pasada, ben podería pensar que a música galega sempre estivo irmandada coa mediterránea. E se cadra si. Mais este é un dos primeiros álbums que as une de maneira tan declarada, como dúas faces deste artista e investigador das raíces orais: as galegas e as sefardís. O traballo de campo levouno a percorrer a Galiza enteira, pero tamén Turquía, Grecia, Bulgaria e Marrocos. Así, Levaino! pon o foco nas identidades, sempre minoritarias nun mundo globalizado, interrogando como sobrevivir nese contexto.
SOCIAL
Stephanie Llaryora, actriz: "Encántanme as cousas impredicíbeis e coido que a Galiza é algo impredicíbel"
26/mar./21
Stephanie Llaryora recoñece o seu carácter nómade até chegar á Galiza. Naceu en Florida (EUA) e vivíu na América Latina, Madrid e Euskadi. O teatro é a súa paixón e conseguiu que fose a súa profesión unha vez estabelecida no noso país coa creación da produtora De Ste Xeito. Entrou polo Padornelo amosando o seu humor en monólogos enxeñosos e valentes nos que incorporou a lingua galega que agora fala con soltura.
star
CULTURA
Manxares que definen a un pobo: As receitas de Rosalía, entre a identidade e a reivindicación
26/mar./21
Do caldo á broa, pasando polas sardiñas salpresas, as 'torrexas' con mel ou as papas, a gastronomía está máis presente do que a primeira vista poida parecer na obra de Rosalía de Castro. Así o demostra Xavier Rodríguez Baixeras no seu último libro Rosalía e a cociña, que vén de publicar a fundación que salvagarda o legado da poeta e que pode atoparse xa nas librarías.
Responsábel da marca Acontravento, cuxas prendas seguen o lema "Roupa ao noso xeito"
Macua: "O proxecto é algo para gañar a vida e tamén unha ferramenta de transformación social"
29/xan./21
Acontravento é o nome dunha marca comercial de deseño e galego, da que é artífice un rapaz da Guarda que se coñece polo apelido, Macua. Os seus produtos, reza na propia web, “vinculan o local co global” tratando de reivindicar “a nosa identidade dun modo actual e contemporáneo”. Un proxecto que naceu en xullo de 2019 e que, con menos dun ano, tivo que atravesar a crise da Covid-19 e do confinamento. Conversamos con Macua sobre a súa marca, os seus obxectivos e os seus valores.
star
Reportaxes
Imaxinario e identidade
14/dec./20
Para coñecermos o imaxinario popular dun pobo é necesario mergullarse, observar e estudar as súas manifestacións e expresións culturais dun modo transversal. Desde o pensamento máxico, esa mestura do racional e imaxinario, do real e o sobrenatural que caracterizan os rituais, até as narrativas tradicionais sobre mouros, mouras, encantos, tesouros e seres máxicos... toda unha mitoloxía popular que non fai máis que enriquecer a cultura e identidades dun pobo, desde a propia xeografía, palpábel, até a figura da máxica Santa Compaña, do marabilloso. E é que todo isto non é máis que a procura incansábel, o instinto que persegue o pobo porque "precisamos crer, imaxinar, soñar" lugares de encontro.
Entrevista
Isaac Xubín: "Ser un intruso fíxome observar a identidade como algo moito máis consciente do que a xente cre"
12/ago./20
O último poemario de Isaac Xubín, 'Xenealoxía dun intruso' (Galaxia, 2020), afonda na concepción da súa identidade galega, desde fóra, cunha consciencia da propia construción. O poeta repasa en conversa con 'Nós Diario' as chaves desta obra persoal, na que tamén xura: "estas lembranzas nosas / nunca serán cadáver".