escultura

'Porta do Atlántico' en Vigo, de Silverio Rivas
star
Reportaxes

Escultura galega contemporánea: tradición e vangarda

A importancia para o territorio galego que alberga o movemento coñecido como Rexurdimento foi fundamental para a configuración e desenvolvemento cultural da Galiza. A escultura galega, unha das ramas da arte máis respectada e popular no noroeste peninsular, non resulta allea a estas alteracións na sociedade dos séculos XIX e XX, polo que as imaxes asimilarán diversos postulados que desembocarán no renacemento da exquisita estatuaria da Galiza.
Unha pequena parte da reportaxe que se publica en Sermos Galiza. (Foto: Nós Diario) #escultura #arte #cultura #sermosgaliza #semanario
CULTURA

A escultura galega, a debate en Sermos Galiza

O semanario, que estará nos quiosques este sábado, tamén analiza a realidade actual das verbenas en plena eclosión de festivais e entrevista Beli Martínez, unha produtora que vén de ser recoñecida co Premio Chano Piñeiro do Festival de Cine de Ourense.
Unha vista da instalación do colectivo NEG na Fundación Laxeiro (Foto: Fundación Laxeiro)
CULTURA

Unha instalación sonora do colectivo NEG trae ao presente o legado de Laxeiro

Até o 19 de setembro, a Fundación Laxeiro de Vigo expón unha instalación sonora do Colectivo NEG (Nova Escultura Galega) que rende homenaxe a Laxeiro no 25º aniversario do seu pasamento e que aproveita o seu legado para chamar a atención sobre a falta de sintonía entre o mundo da creación artística e o sistema no que se insire. 
Elena Colmeiro. (Foto: Real Academia de Belas Artes)
CULTURA

Falece a escultora Elena Colmeiro

A súa extensa traxectoria, após seis décadas dedicada á creación, desvela un traballo intenso, innovador e singular.
386 repor 2
star
Reportaxes

Arteixo: 'sous les pavés, la plage'

O éxito do máis popular entre os moitos slogans usados polos aspirantes a revolucionarios durante o Maio do 68 francés baseouse en que, como a Biblia ou os datos macroeconómicos do Goberno, está aberto a interpretacións. Mais aplicado á realidade da localidade de Arteixo adquire matices de literalidade. Baixo a invasión de pavés, de lastros, de asfalto, de chemineas, de fume, existe unha pequena pero vibrante realidade cultural e artística que crece fóra dos radares do oficialismo e fai lembrar que Arteixo leva a palabra arte no nome. 
386 repor 1
star
Reportaxes

A Santa que hai en nós

É unha das obras máis icónicas da plástica galega do século XX. A última dunha serie coa que Francisco Asorey soñou a estética dunha arte nacional encarnada na muller. E unha imaxe que non deixa ninguén indiferente, case cen anos despois de ser creada. Repasamos a xénese, as lecturas e o impacto de Santa, unha das pezas máis destacadas da exposición Galicia, un relato no mundo, de volta na Galiza após setenta anos de diáspora. 
Manuel Quintana Martelo (Foto: Nuria González).
star
Entrevistas

Manuel Quintana Martelo: traballar coas formas do cotiá

Pintor, ilustrador, escultor, cartelista debuxante e elixido por segunda vez presidente da Real Academia Galega de Belas Artes. Manuel Quintana Martelo é un dos pintores galegos máis internacionais da nosa época, con obra exposta por toda a península, os Estados Unidos de América e en varios países europeos. Traballa coa luz urbana e os recursos orgánicos, a vida coa textura na cor e no inerte industrial, nunha mestura que, defende, escapa do bodegón clásico ou a impostura. Formado en Barcelona e inspirado nos materiais da terra que pisa e as cores que transforma, recíbenos no estudio da súa vivenda ao carón de Compostela para falar de traxectoria, reformas -da casa e da obra- e unha "case obsesión" co amarelo, os limóns e os marmelos.
Francisco Leiro (Foto: Nós Diario).
star
Entrevistas

Francisco Leiro: ollar os corpos

A súa obra circula polos museos e galerías de todo o mundo, pero el permanece chantado no lugar de onde procede traballando a madeira e a pedra para dar conta da súa mirada sobre o mundo. Francisco Leiro (Cambados, 1957) fálanos de como aborda esta etapa de confinamento, de como o corpo articula a súa linguaxe e de como a fraxilidade do corpo dá lugar a iso que chamamos arte. "No mundo de Leiro, a postura do corpo é a metáfora das ideas", escribiu Miguel Anxo Murado. Para observar esas ideas, cómpre educar o ollo e abrirse ao que os seus personaxes nos contan. 
1607431021403
É escultor ademais de mecánico xa xubilado

Bernardo Seoane: "Esculpir o elefante foi como un crebacabezas, na busca das pezas que mellor encaixaban"

Recentemente, presentou a que se cadra é a súa obra máis colosal, un elefante de 4 metros de longo e arredor de 2.000 quilos de peso. 
Xoán Piñeiro no seu obradoiro [Fundación Xoán Piñeiro].
CULTURA

Homenaxe a Xoán Piñeiro en Vigo polo centenario do seu nacemento

A pandemia obriga a adiar a publicación dun libro sobre as características fundamentais da súa obra escultórica e unha exposición antolóxica.
'Capítulo XV' de Francisco Leiro no Espazo Torrado [Adela Leiro].
CULTURA

Os 'Bronces' de Leiro volven a Cambados

No Espazo de Exposicións Torrado, 45 anos despois da súa primeira mostra individual en Cambados.
joseperozo
Escultor e escenógrafo

Jose Perozo: "Moito do que fago cando esculpo, máis que dunha idea, chega dunha imaxe emocional"

Naceu en Vigo en 1978 e formouse, en escultura, na Escola de Artes Mestre Mateo de Compostela e, en Maquinaria e Construción de Decorados en Escénica, en Granada. Desde hai décadas, reparte a súa creatividade e os seus coñecementos técnicos entre a elaboración de escenografías e decorados e a escultura. Até finais de ano expón no restaurante O Dezaseis, en Compostela, unha selección das súas pezas integradas nas coleccións Bastións e Fragmentaria.
Cartel da exposición 'Confinados' (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Metro presenta a exposición solidaria ‘Confinados’

A galería de arte compostelá inaugura hoxe unha mostra na que 20% das vendas destinarase a axudar a paliar algunhas das necesidades sociais xurdidas por mor da crise económica causada pola pandemia.

[Foto: cedida] Instalación de Teresa Búa
Arte Contemporánea

Máis de cincuenta obras repensan 'O segundo Sexo'

A exposición itinerando Invisible Wom@rts poderá visitarse no Auditorio de Galiza de balde até 15 de decembro. Este proxecto, liderado pola institución, proxura dar visiblidade á obra das mulleres artistas, entre a que se atopan catro galegas: Haya Branco (estampadora), Xulia Vicente (ilustración), Teresa Búa e Mery Pais (creadoras dixitais).
[Foto: cedida] Exposición de Carla Filipe
Creación Contemporánea

Unha mostra nin pública, nin privada

A artista plástica portuguesa Carla Filipe visita Numax na terza feira 5 de novembro para falar dos procesos creativos que imbúen a súa obra. Será dentro do ciclo Episodios de Creación Contemporánea, dentro do cal ofrecerá unha mostra centrada nos espazos de costura e a memoria familiar.
[Foto: Xunta] A 'Santa' de Francisco Asorey
CULTURA

A transgresora ‘Santa’, de Asorey, de volta na Galiza

A Santa, a controvertida escultura do cambadés Francisco Asorey, volta a Galiza para a exposición Galiza, un relato no mundo. Poderá verse na Cidade da Cultura de 14 de novembro a 12 de abril de 2020. A obra, para alén do seu enorme valor estético, foi obxecto de polémica por rachar cos códigos estéticos da representación feminina do momento histórico.

Encaixa 6, 2018. Cartón e pintura. 69x74x20cms.
CULTURA

‘A volta dunha ausencia’, un paseo pola arte de Pepe Galán

A obra do escultor estará exposta até o próximo 20 de maio no centro Torrente Ballester de Ferrol

BelenBaltar1-1200x430
CULTURA

Morre o escultor ourensán Arturo Baltar

O seu mundo non era deste mundo. Ou si. Porque Arturo Baltar empregaba a materia máis humilde, a arxila, o barro. Mais adoito facíao para modelar retablos, maternidades, desposorios, imaxes de santos, cruceiros, nacementos, peregrinos. A relixión na obra de Baltar era, non obstante, popular, apegada á terra, afastada dos palacios. Onte morreu en Ourense, 93 anos despois de nacer en Noalla, San Cibrao das Viñas.
 

luned-1ºplano
LUNED RHYS PARRI

“Galiza é moi diferente do preconcepto xeral que eu tiña de España”

Luned Rhys Parri é unha artista galesa que viviu seis semanas en Galiza como parte do proxecto Tosta 2016 de intercambio entre axentes culturais de comunidades lingüísticas minorizadas que coordina Donostia Capital Cultural e coordinou desde Galiza a Deputación da Coruña e a Mesa pola Normalización Lingüística. 

SOCIAL

O PP de Cambados quere erguer unha estatua a Fraga como ''o gran valedor do Albariño''

O colectivo Cambados.tk convocou unha mobilización para informar de que a escultura xa foi encargada sen debater a proposta en pleno, e que o argumento do viño procura ''ocultar o que foi Fraga en realidade''. A protesta xa foi secundada polo PSOE, o BNG e o EI