Opinión

Elena Colmeiro, unha muller que constrúe coa cerámica

A pasada semana o Conselo dá Cultura Galega dedicou unha xornada de homenaxe a Elena Colmeiro, unha muller  que foi unha absoluta precursora no desenvolvemento da escultura cerámica no Estado Español. 

A pasada semana o Conselo dá Cultura Galega dedicou unha xornada de homenaxe a Elena Colmeiro, unha muller  que foi unha absoluta precursora no desenvolvemento da escultura cerámica no Estado Español. Inqueda e innovadora, investigadora de materiais e novas linguaxes non só conseguiu converter en escultura a cerámica, unha materia artesanal e tradicionalmente feminina, senón que creou unha linguaxe persoal rompendo convencionalismos e esterotipos máis tradicionais.

<"Inqueda e innovadora, investigadora de materiais e novas linguaxes non só conseguiu converter en escultura a cerámica, unha materia artesanal e tradicionalmente feminina, senón que creou unha linguaxe persoal rompendo convencionalismos e esterotipos máis tradicionais".

Elena Colmeiro naceu en 1932 na aldea de Costela, no municipio de Silleda (Pontevedra). En 1941 trasládase xunto coa súa nai e os seus dous irmáns a Bos Aires, onde se reunén co seu pai o pintor Manuel Colmeiro quen marchara, ao estalar a guerra civil española en 1936. Nesta cidade vivirá os seus anos de adolescencia e xuventude e formarase entre 1948 e 1953 na Escola Nacional de Cerámica.

En 1955 regresa a España, a Vigo onde vai coñecer ao escultor Jesús Valverde co que se casa en 1958 e marchan a vivir a Madrid. Este matrimonio será determinante na súa traxectoria profesional e artística, xa que o seu sogro era dono de varias fábricas de vidro en Galicia e Madrid, cuxa infraestrutura poñerá ao seu servizo, abríndolle un territorio cheo de novas posibilidades.

As súas primeiras esculturas realizadas en cerámica dátanse neses anos, evolucionando ata comezos do 70 dende o máis decorativo cara a formulacións plenamente escultóricas, cunha valoración cada vez maior do espazo. En 1964 difruta dunha Bolsa da Fundación Juan March e en 1968 tamén grazas a unha bolsa de viaxe pasa un período de formación no Mill Collage de Oakland en San Francisco. A partir de 1970 o seu traballo centrarase en obras de gran formato realizadas para espazos exteriores, como as do Museo Español de Arte Contemporánea de Madrid (1972-73) ou o Museo Raíña Sofía (1974)) cun cromatismo bastante sobrio e a busca do movemento para o que recorrerá a elementos como a espiral. A finais dos anos setenta e comezos dos oitenta realizará pezas de formatos máis pequenos onde a materia se converte en algo informe, retorcido e sobre placas onde a textura é un importante vehículo de expresión, utilizando formas circulares nas que plasmará os seus dedos, a pegada da artista

Entre 1988 e 1989 realizará unha das súas obras públicas de gran formato quizais máis coñecida a peza de Autoestradas do Atlántico no tramo A Coruña - Santiago.

"Nas súas últimas obras toma como referencia a natureza que se traduce en raíces, ramas, buscando as súas formas orixinais que traduce coa mínima intervención".

No seu traballo comezan a aparecer novos materiais como o carburo de silicio, material de gran dureza, que ao fragmentalo e traballalo se volve estriado e irregular. Realízase pezas nas que utilizase tanto este novo material coma o barro, dotando a súa obra dun carácter construtivo e orgánico, e introducindo outros materiais como o ferro e a madeira. Entre 1990 e 1991 realiza unha estanza de formación no European Ceramics Work Centre de Holanda, onde invitada polo seu director Xabier Toubes. Alí traballa con diferentes materiais e investigará o refractario

A partir de 1994 realiza as súas primeiras instalacións onde fusionase cerámica, a pintura e a intervención do espazo, potenciando o carácter escenográfico do seu traballo a partir do 2004 a unión de ferro e ladrillo, o reciclado e o reaproveitamento de materiais outorga á súa obra unha linguaxe absolutamente contemporánea. Nas súas últimas obras toma como referencia a natureza que se traduce en raíces, ramas, buscando as súas formas orixinais que traduce coa mínima intervención.

En abril do 2014 no Museo Provincial de Pontevedra organizou un exposición que supuxo unha importante revisión da súa traxectoria.

Elena Colmeiro unha creadora a reinvindicar e posicionar na historia da arte galega.

Comentarios