eleccións

Pere Aragonès (ERC), Carles Puigdemont (Junts) e Salvador Illa (PSC-PSOE) a quinta feira nos actos previos ao comezo da campaña. (Foto: Lorena Sopêna / Glòria Sánchez / Kike Rincón / Europa Press)
star
INTERNACIONAL

Illa rexeita ser president cos votos do PP e reduce as opcións para dirixir a Generalitat a Aragonès ou Puigdemont

A primeira xornada da campaña en Catalunya comezou coa negativa do candidato do PSC, Salvador Illa, a ser investido cos votos da dereita española, logo de ameazar Carles Puigdemont (Junts) con que iso implicaría a fin do apoio da forza soberanista a Pedro Sánchez en Madrid, que lle permitiu alcanzar a Presidencia.

O primeiro ministro escocés, Humza Yousaf (SNP). (Foto: Andrew Milligan / PA Wire / DPA vía Europa Press)
Agora

O SNP racha a coalición de Goberno cos Verdes en Escocia e enfrontará unha moción de censura dos conservadores

“Creo que ao pobo escocés lle convén buscar un acordo diferente”, sostivo a quinta feira o primeiro ministro e líder do Partido Nacional Escocés (SNP), Humza Yousaf, ao facer pública a ruptura cos Verdes, formación coa que os soberanistas gobernan desde 2021, após unha semana de choques pola súa decisión de abandonar o compromiso de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro até 75% a finais da década.

Mentres os Verdes criticaban a súa “covardía política” e que venda “as xeracións futuras”, o Partido Conservador presentou unha moción de censura contra o novo Executivo en minoría do SNP e o Partido Laborista insistiu en que se deben convocar eleccións anticipadas como saída a crise do Goberno escocés.

Yolanda Díaz, líder de Sumar e vicepresidenta do Goberno español. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Agora

Sumar suspende a integración dos partidos tras atrasar IU a súa decisión ao respecto até maio

Poucos días antes da creación da súa Executiva, prevista para o sábado, Sumar conxelou a terza feira a integración das formacións que participan na alianza e só escollerá 70% do organismo após decidir Izquierda Unida (IU) aprazar até a súa Asemblea en maio a decisión sobre a relación con Sumar, todo isto no medio dun choque pola conformación da candidatura ás eleccións ao Parlamento da UE en xuño, na que IU aceptou ir no cuarto posto. 

Comparación do diferente

Evolución de escanos no Parlamento Vasco desde as eleccións territoriais de 2012. (Imaxe: Nós Diario)
INTERNACIONAL

PNV e PSOE ratifican que repetirán coalición de Goberno en Euskadi logo de manter a maioría absoluta

Imanol Pradales (PNV) converterase no novo lehendakari.
pasaia
POLÍTICA

Que votaron as localidades ‘galegas’ en Euskadi nas eleccións vascas?

42.000 persoas nadas na Galiza viven en Euskadi. Localidades como Pasaia, Eibar, Ermua ou Barakaldo manteñen aínda unha importante pegada galega até o punto de que, por exemplo, en Bizkaia a lingua máis falada após o euskera e o español é o galego. Como se votou este domingo nas eleccións vascas nesas vilas?

A participación nas eleccións vascas aumentou case 14 puntos a respecto das celebradas en 2020.
INTERNACIONAL

A participación nas eleccións vascas ás 13 horas é de 28%

Supón 14 puntos máis que a rexistrada nas anteriores eleccións ao Parlamento Vasco celebradas, en plena pandemia, o pasado 12 de xullo de 2020.
Unha mesa electoral en Euskadi. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Euskadi: as mesas constitúense sen incidencias e a xornada electoral arrinca con normalidade

O lehendakari, Íñigo Urkullo, confiou en que se dea unha alta participación e sinalou que deixará o cargo cunha “sensación de traballo realizado, dun camino percorrido e pensando en que intentamos facelo o mellor posíbel para deixar Euskadi na situación na que hoxe se atopa”.
No sentido das agullas do reloxo: Feches de campaña do PNV (Imanol Pradales), EH Bildu (Pello Otxandiano e Pere Aragonès antes do acto), PSOE (Pedro Sánchez e Eneko Andueza) e PP (Alberto Núñez Feixoo e Javier de Andrés).
star
INTERNACIONAL

O PNV e Bildu pugnan pola vitoria nuns comicios nos que o nacionalismo será hexemónico

O dominio histórico do PNV nas votacións ao lexislativo vasco pode acabar o domingo, consolidando de forma definitiva o ascenso de EH Bildu após superar os jeltzales nos comicios locais e estatais que se desenvolveron ao longo do ano pasado.
Marcelo Rebelo de Sousa (dereita), presidente portugués, a terza feira. (Foto: Presidência da República de Portugal)
INTERNACIONAL

O ex primeiro ministro Costa será "probabelmente" o novo líder do Consello Europeo segundo o presidente luso

Desbotadas as acusacións que acabaron co Goberno do PS.
Votación no Parlamento da UE a pasada semana. (Foto: Daina Le Lardic / Parlamento da UE)
star
INTERNACIONAL

A pobreza e a sanidade pública, principais preocupacións da poboación da UE de cara aos comicios de xuño

O Estado español é o cuarto cun maior risco de pobreza e exclusión social dos 27 Estados membros da Unión Europea, coa Galiza case catro puntos por riba da media do bloque. Tras a pobreza, a sanidade e a economía completan as tres prioridades fixadas pola cidadanía.
O candidato de EH Bildu, Pello Otxandiano, nun mitin recente. (Foto: Iñaki Berasaluce / Europa Press)
Eleccións en Euskadi

Recta final da campaña: dúas novas enquisas dan a vitoria (pola mínima) a EH Bildu

A falta dunha semana para as eleccións ao Parlamento vasco o empate técnico entre Bildu e PNV ao que apuntan a práctica totalidade das sondaxes anticipa unha dura batalla.
Luís Montenegro. (Foto: Europa Press / Contacto / Leonardo Negrao / Global Imag)
INTERNACIONAL

A Assembleia avala o novo Goberno conservador en Portugal coa abstención do Partido Socialista

Rexeitadas as mocións contra o Gabinete.
Luís Montenegro, primeiro ministro luso, na Assembleia da República. (Foto: Europa Press / Contacto / Alvaro Isidoro / Global Ima)
Portugal

A Assembleia portuguesa decide se outorga a confianza a Montenegro

BE e PCP defenden mocións de rexeitamento.
O presidente Yoon Suk Yeol. (Foto: YNA / DPA)
INTERNACIONAL

A oposición surcoreana non logra superar o veto presidencial

Mantén a maioría absoluta na Cámara.
Estimación de voto do CIS de abril.
POLÍTICA

CIS de abril: o PSOE recorta distancias cun PP que fica á cabeza e o BNG logra 0,8% dos votos

Sumar cae até pouco máis do 8% en estimación de voto e ao seu carón medra Podemos.
Carteis coas candidaturas nas lexislativas surcoreanas a terza feira. (Foto: Kim Jae-Hwan / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

A oposición surcoreana arrasa nas eleccións lexislativas

Referendo sobre o presidente conservador
Enquisa da cuarta feira do CIS para as eleccións territoriais en Euskadi. (Imaxe: Nós Diario)
INTERNACIONAL

O CIS conclúe que EH Bildu superará o PNV nas eleccións vascas do 21 de abril

Sumar, Podemos e Vox poderían quedar fóra do Parlamento.
Carles Puigdemont o pasado sábado na Catalunya Nord. (Foto: Glòria Sánchez / Europa Press)
INTERNACIONAL

Puigdemont abandonará a primeira liña se non logra volver á Presidencia

Desbotado un acordo co PSC-PSOE.
O ex president e candidato de Junts, Carles Puigdemont, o pasado sábado nun acto de precampaña en Elna, Francia. (Foto: Glòria Sánchez / Europa Press)
Catalunya

Puigdemont volverá a Catalunya sexa investido ou non... pero non quedará na oposición

O ex mandatario catalán entende que o acto de retorno "dunha Presidencia que foi ilegalmente destituída" debe ser "máis de país que de partido".