A oposición surcoreana arrasa nas eleccións lexislativas

Referendo sobre o presidente conservador
Carteis coas candidaturas nas lexislativas surcoreanas a terza feira. (Foto: Kim Jae-Hwan / Europa Press / Contacto)
photo_camera Carteis coas candidaturas nas lexislativas surcoreanas a terza feira. (Foto: Kim Jae-Hwan / Europa Press / Contacto)

Todas as sondaxes a pé de urna nas eleccións lexislativas que decorreron a cuarta feira en Corea do Sur ratifican que o progresista Partido Demócrata volverá contar coa maioría absoluta no Parlamento dun dos principais aliados estadounidenses na rexión, nunhas votacións consideradas no país como un referendo arredor das políticas do presidente, o conservador Yoon Suk Yeol, que sería o primeiro líder surcoreano que non conte co apoio do lexislativo en ningún momento do seu mandato, do que aínda lle restan tres anos e sen que exista posibilidade de reelección.

Entre múltiples acusacións contra el por parte da oposición, que o cualifica de autoritario, é probábel que a oposición logre superar 200 dos 300 escanos, o que lle permitiría superar a capacidade de veto presidencial, que Yoon usou en até nove ocasións nos apenas dous anos que leva no poder ao facerse coa Presidencia por menos dun punto porcentual con respecto ao aspirante demócrata.

Estes vetos foron determinantes para que Yoon evitara investigacións contra a súa parella por subornos ou reexaminar o acontecido en 2022, cando 159 persoas morreron nas celebracións de Halloween.

Comentarios