A oposición surcoreana non logra superar o veto presidencial

Mantén a maioría absoluta na Cámara.
O presidente Yoon Suk Yeol. (Foto: YNA / DPA)
photo_camera O presidente Yoon Suk Yeol. (Foto: YNA / DPA vía Europa Press)

A Comisión Electoral Nacional de Corea do Sur comunicou a quinta feira os resultados definitivos dos comicios parlamentarios da cuarta feira, nos que o progresista Partido Demócrata revalidou e ampliou a súa maioría absoluta con 175 dos 300 escanos, nunhas votacións consideradas como un referendo sobre a xestión do presidente conservador Yoon Suk Yeol.

Porén, os 108 representantes logrados pola súa formación, o Partido do Poder Popular, permitíronlle manter o seu dereito de veto, pois para superalo as forzas de oposición precisaban facerse con dous terzos da Cámara.

Así e todo, e posto que non existe posibilidade de reelección no país, será o primeiro mandatario surcoreano que non teña en ningún momento o apoio do lexislativo.

Comentarios