Sumar suspende a integración dos partidos tras atrasar IU a súa decisión ao respecto até maio

Poucos días antes da creación da súa Executiva, prevista para o sábado, Sumar conxelou a terza feira a integración das formacións que participan na alianza e só escollerá 70% do organismo após decidir Izquierda Unida (IU) aprazar até a súa Asemblea en maio a decisión sobre a relación con Sumar, todo isto no medio dun choque pola conformación da candidatura ás eleccións ao Parlamento da UE en xuño, na que IU aceptou ir no cuarto posto. 
Yolanda Díaz, líder de Sumar e vicepresidenta do Goberno español. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
photo_camera Yolanda Díaz, líder de Sumar e vicepresidenta do Goberno español. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Comentarios