A participación nas eleccións vascas ás 13 horas é de 28%

Supón 14 puntos máis que a rexistrada nas anteriores eleccións ao Parlamento Vasco celebradas, en plena pandemia, o pasado 12 de xullo de 2020.
A participación nas eleccións vascas aumentou case 14 puntos a respecto das celebradas en 2020.
photo_camera A participación nas eleccións vascas aumentou case 14 puntos a respecto das celebradas en 2020.

A participación dos vascos na xornada electoral deste domingo, até as 13 horas, ascendeu ao 28%, o que supón 14 puntos máis que a rexistrada nas anteriores eleccións ao Parlamento Vasco celebradas, en plena pandemia, o pasado 12 de xullo de 2020, cando se ofreceron estes datos con cifras rexistradas até as 12 horas, segundo informou o conselleiro de Seguridade, Josu Erkoreka.

Erkoreka compareceu por segunda vez na Lehendakaritza para dar a coñecer os datos reais de participación recollidos ás 13 horas nunha xornada electoral que, segundo dixo, "continúa desenvolvéndose con total normalidade".

En Araba, até as 13  horas, xa votara o 25,9% do censo, o que supón 12 puntos máis que hai catro anos (até as 12 horas), mentres que en Biscaia o 27,4% exerceu o seu dereito ao sufraxio, o que representa case 14 puntos máis. 

Pola súa banda, en Gipuzkoa, ás 13 horas, xa acudira ás urnas o 30% do electorado, o que supón 14 puntos máis que o 12 de xullo de 2020, tomando como referencia, nesa ocasión, os datos obtidos ata o 12 horas.

Ademais, Erkoreka explicou que, grazas ao novo Sistema Informatizado de Xestión de Datos Electorais, pódense ofrecer, por primeira vez, datos de participación por capital.

Neste sentido, anunciouse que os datos de participación recollidos ata as 13 horas reflicten que en Bilbo xa votou o 25,7% do electorado. Pola súa banda, en Donostia a participación ascende ao 29,5% mentres que en Vitoria-Gasteiz sitúase no 25,3%.

Comentarios