despedimentos

ERE Povisa
TRABALLO

Povisa prevé 56 despedimentos e a desaparición dalgúns servizos

O ERE presentado pola dirección do hospital argüe causas "económicas" e "organizativas" para proceder ao despedimento de máis de medio cento de profesionais. 

A ALUMINIA ADVIRTE QUE A SOLUCIóN é TEMPORAL

Alcoa retira o despedimento colectivo

Após a poxa eléctrica a transnacional estadounidense avanzou que retira o ERE. 

Megasa Galicia ártabra
ALCOA TAMéN ANUNCIOU DESPEDIMENTOS VENCELLADOS á TARIFA ELéCTRICA

Megasa propón un despedimento colectivo na súa fábrica de Narón

A siderúrxica conta na vila cun cadro de persoal de 170 persoas.

Diario de Pontevedra
TRABALLO

O Diario de Pontevedra irá a folga contra o despedimento de 10 traballador@s

Desde 2012 o cadro de persoal encadea reducións salariais e un ERE temporal ao que agora se suma o despedimento de 7 profesionais fix@s e 3 bolseir@s.

Citroen
ADXUDICACIóN DO NOVO MODELO K-9

Citroën negocia un plan de axuste con novos despedimentos e reducións salariais

A dirección apela a "reducir os custes laborais" na factoría de Balaídos en aras de aumentar a súa competitividade. 

Galiza

Educación despide profesorado dos CELGA malia as declaracións xudiciais en contra

A pesar de que as inspeccións de traballo e os tribunais do social declararan nulos os despedimentos do profesorado dos CELGA, a Consellaría de Educación continúa coa súa política de despedimentos, segundo denuncia a CIG-Ensino

TRABALLO

BIS propón o despedimento de máis dun terzo do plantel en Galiza

Á multinacional alemá BIS, adicada ao deseño e instalación de andamios así como a traballos de illamento, sóbralle máis dun terzo do plantel que ten en Galiza. A empresa desenvolve os traballos de remodelación da fachada da Catedral de Compostela.

celsa(1)
TRABALLO

Marchan a pé contra os 56 despedimentos previstos en Celsa Atlantic

O  Comité de Empresa rexeita o ERE extintivo presentado pola empresa e defende a viabilidade da factoría.

CIG
TRABALLO

CIG-Ensino denuncia o "ilegal" despedimento do profesorado do CELGA

A central sindical nacionalista concentrouse perante a Secretaría Xeral de Política Lingüística para exixir que a Xunta aplique as resolucións das inspeccións de traballo e recoñeza a relación contractual d@s docentes do CELGA coa Administración.

infinita
TRABALLO

@s 37 traballador@s de Infinita protestan contra o despedimento de 6 compañeir@s

A planta ten adxudicada practicamente toda a cota galega de biodiesel (300 mil das 335 mil toneladas que ten Galiza) mais a inacción do Goberno español deixaron a factoría en mans dun grupo indonesio.

TRABALLO

CIG e CC.OO. ocupan un Gadis contra os despedimentos de traballador@s de baixa en toda Galiza

A causa das baixas son enfermidade laborais relacionadas coas actividades que desenvolven na empresa de alimentación. Militantes e sindicalistas rebateron a campaña publicitaria Vivamos como galegos repartindo panfletos intitulados Malvivamos como nos deixen.

cig
ECONOMÍA

Ir nunha candidatura da CIG, motivo de despedimento en 'Muerde la Pasta'

O local que esta cadea posúe en Marineda City, A Coruña, comunicou ás dúas persoas que encabezan a candidatura da central nacionalista o seu despedimento 2 horas despois de que lle fora notificada oficialmente a lista da CIG ás eleccións sindicais

ECONOMÍA

O persoal rexeita en asembleas o preacordo en Tragsa e que implica 600 despedimentos

O cadro de persoal da empresa pública rexeitou o pre-acordo asinado entre a dirección e CCOO, UGT e CSIF que contemplaba o despedimento de 58 traballadores en Galiza, 593 no conxunto do Estado español.

Freiremar
ECONOMÍA

Vigo revóltase contra a destrución do seu tecido industrial

O ERE deixa na rúa a 101 d@s 115 operari@s da cuarta pesqueira do Estado español. O comité de empresa cualifica de “nulo” o expediente e pedirá a nulidade dos despedimentos.

ECONOMÍA

Sousa exixe 663.000 euros a Pescanova por despedimento improcedente

De Sousa dimitiu como presidente da multinacional en xuño. Como presidente cobraba por volta dun millón de euros anuais.

13-10-22 cafeteria CRTVG 002.grande
ECONOMÍA

Traballador@s da cafetaría da CRTVG okupan o Consello de administración contra o despedimento de 3 persoas

En folga indefinida desde o 19 de agosto, exixen que a concesionaria da praza, Culinaria, renuncie a ela para que o ente público convoque un concurso e adxudique o servizo a outra empresa.

Ibex 35
ECONOMÍA

As empresas do Ibex 35 aumentan nun 25% os beneficios ao tempo que aceleran despedimentos e EREs

As principais empresas cotizadas españolas tiveron nos seis primeiros meses un beneficio de case 16.500 millóns de euros, un 25,3% máis. Un aumento nas ganancias ao tempo que a reduciron case o 9% en persoal.

SOCIAL

Colexio de Xornalistas lamenta o despedimento de 10 traballadores de 'El Progreso'

Os profesionais recibiron esta cuarta feira a carta de despedimento e a notificación de que xa se lles ingresara o importe da multa por non telos avisado cos 15 días de antelación obrigados

Passos Coelho
Lusofonia

O TC luso declara inconstitucional o despedimento de funcionari@s

Segundo gran golpe ao programa de reformas aprobado polo goberno portugués. O Constitucional luso bota abaixo a lei especial de mobilidade coa que o executivo de Passos Coelho pretendía abrir a porta ao despedimento colectivo na función pública

Concentración das traballadoras do comedor de Citroën
Galiza

As traballadoras do comedor de Citroën temen despedimentos despois do verán

Eurest, concesionaria do comedor de PSA-Citroën apraza os recortes de persoal até fin de vacacións. A empresa empraza ao cadro de persoal para o 26 de agosto mais as traballadoras sospeitan que haberá despedimentos.