Alcoa anuncia despedimentos colectivos na factoría da Coruña, na que traballan máis de 400 persoas

A multinacional non precisou a cantos traballadores afectará a medida, que tamén adoptará na planta de Avilés.

alcoa

Alcoa anunciou que vai negociar un depedimento colectivo nas factorías da Coruña e Avilés, as dúas que non atinxiron ningún paquete na subasta de enerxía de hai unha semanas. A multinacional sinalou que non vai agaradr por unha segunda poxa (que hai neste mes) por entender que “deben xestionar a situación existente a data de hoxe”. Alcoa non precisou a cantos traballadores afectaría a medida. Na factoría coruñesa hai máis de 400 operarios.

A empresa si que no prazo máximo dun mes iniciará un período formal de consultas cos comités de empresa e afirma que está disposta nese tempo a “estudar as oportunidades e opcións concretas”.

"Desproporción"

O comité de empresa na factoría da Coruña cualificou de "desproporcionado" o anuncio e asegura que supón empregar os traballadores como "arma arroxadiza" ante o Ministerio de Industria. Advirten que non están dispostos "a consentir" este tipo de decisión.

comentarios