BIS propón o despedimento de máis dun terzo do plantel en Galiza

Á multinacional alemá BIS, adicada ao deseño e instalación de andamios así como a traballos de illamento, sóbralle máis dun terzo do plantel que ten en Galiza. A empresa desenvolve os traballos de remodelación da fachada da Catedral de Compostela.

A BIS sóbralle máis dun terzo do seu plantel, en concreto nas súas instalacións de Río do Pozo, en Narón. Esa é a proposta inicial que a compañía, que conta con máis de 400 empregados repartidos nas delegacións que ten en diversos puntos do Estado, mantén nesta altura do periodo de consultas, que remata este xoves. 

BIS alega, como xa é costume, causas económicas e organizativas, se ben, como é tamén habitual, está a ter serias dificultades para fornecer de argumentos sa súsa intencións. Así, segundo sinala a CIG, que ten un representante na mesa de negociación aberta en Madrid, os 41 empregados dos que a empresa quer prescindir en Galiza teñen todos contrato indefinido, unha circunstancia que contrasta coa recente contratación de doce traballadores eventuais até fin de obra e coa obriga que impón ao persoal para realizar horas extras e poder deste xeito atender todo o traballo que ten, entre o que se atopa a remodelación da fachada da Catedral de Compostela. 

Comentarios