Galiza

Povisa anuncia recortes laborais logo dun ano de beneficios

Povisa anuncia recortes laborais logo dun ano de beneficios

Remata o ano con beneficios mais anunciando “duros axustes” no cadro de persoal para 2015. En Povisa as contas non cadran e por iso o comité de empresa pide unha investigación oficial rigorosa sobre os destinos dos fondos públicos. 

Comité de Povisa
photo_camera Comité de Povisa

O comité de empresa de Povisa asistiu recentemente a unha xuntanza coa dirección da empresa na que os bos resultados dun ano conflitivo ían ir acompañados de novos anuncios de “axustes” no persoal que se concretarían en amortización de prazas, externalización de servizos ou mesmo a negociación dun novo convenio colectivo. 

Beneficios e recortes

Once millóns de euros de beneficios cando aínda lle adebeda o Sergas 19 -correspondentes ao período do 2005 ao 2008- é o balance deste ano no que Povisa foi centro de numerosas mobilizacións do persoal polo empeoramento da situación laboral. Os datos foron ofrecidos pola dirección da empresa ao comité nunha xuntanza que levaban tempo reclamando e que finalmente se produciu a requirimento da Inspección de Traballo. Coa presenza do conselleiro delegado da compañía, anunciaron a representantes [email protected] traballadores e traballadoras que de cara ao vindeiro ano van adoptar novas medidas como amortización de postos de traballo, modificación de quendas, horarios e funcións, externalización de servizos e mesmo a negociación dun novo convenio colectivo xa que, segundo dixeron, o existente é “unha lousa”. 

O comité de empresa anunciou que remitirá cartas a Feijóo, á conselleira de Sanidade e á xerencia do Sergas para que investigue os destinos dos fondos públicos que recibe o centro médico de Vigo. O comité lembrou que Povisa, con 1390 traballadores/as, ten un concerto co Sergas que está vinculado ao mantemento do emprego e defenden que contan con carga de traballo para dez anos.“Diante disto, enviaremos cartas a Feijóo, á conselleira de Sanidade e ao xerente do Sergas para que investiguen a onde van parar os cartos públicos que recibe o centro médico”, afirmaron. 

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

Máis en Galiza
comentarios