sábado 16/10/21
ADXUDICACIóN DO NOVO MODELO K-9

Citroën negocia un plan de axuste con novos despedimentos e reducións salariais

A dirección apela a "reducir os custes laborais" na factoría de Balaídos en aras de aumentar a súa competitividade. 

Esta segunda feira PSA-Peugeot Citroën enceta unha rolda de negociacións co comité de empresa para aprobar un novo plan de axuste proposto pola dirección da factoría. 

Trátase dunha medida que procura, aseguran desde Citroën, "reducir os custes laborais" e incrementar a competitividade da planta viguesa coas de Portugal e Eslovaquia. No concreto, o obxectivo da empresa francesa é reducir os custes de produción da nova furgoneta que lanzará Citroën, a K-9. Un modelo 'low-cost' que será asignado a unha ou outra factoría en virtude da rendibilidade económica. 

Citroën asignará a produción da nova furgoneta, K-9, seguindo criterios de rendibilidade. Vigo compite con Portugal e Eslovaquia

E é que os salarios na planta viguesa roldan --de media-- os 20 euros hora, mentres que en Portugal son 10 e en Eslovaquia nen sequer alcanzan a cifra dobre por traballador/a. Desde Balaídos, a dirección de Citroën quer facerse coa K-9 e para iso marcouse un prazo de 2 meses en que negociar unha redución salarial e mesmo despedimentos no cadro de persoal. 

Representantes sindicais reúnense coa dirección quen lles trasladará unha proposta. Unha negociación marcada pola maioría absoluta do Sindicato Independente --próximo á dirección da factoría-- nas eleccións sindicais. Na planta de Balaídos traballan 6.400 [email protected] 

comentarios