As traballadoras do comedor de Citroën temen despedimentos despois do verán

Eurest, concesionaria do comedor de PSA-Citroën apraza os recortes de persoal até fin de vacacións. A empresa empraza ao cadro de persoal para o 26 de agosto mais as traballadoras sospeitan que haberá despedimentos. 

Concentración das traballadoras do comedor de Citroën
photo_camera Concentración das traballadoras do comedor de Citroën

Até o venres 2 de agosto, as traballadoras de Eurest non tiñan ningunha comunicación formal da empresa a respecto da situación na que quedará o cadro de persoal nin se haberá redución de postos de traballo. As traballadoras concentrábanse nesa xornada diante da factoría diante da opacidade da empresa que se limitou a comunicar que será o dia 26 cando avanzará a situación na que quedan os 

Son 41 as persoas, maiormente mulleres, que forman parte do cadro de persoal, entre elas, algunhas con antigüidade no posto como as delegadas da CIG, Beni Suárez e Pilar Valverde que explican a ameaza de redución de postos de traballo debido á eliminación da subvención da PSA-Citröen ao servizo de comedor, a supresión de certos servizos de catering. Ate o 26 de agosto, as traballadoras sinalan que van continuar na incertidume, ao descoñecer cal é a vontade real da empresa cos seus postos de traballo. De se confirmaren os despedimentos, anuncian que continuarán coas mobilizacións.

A empresa Eurest forma parte da multinacional Compass Group e continúa a obter beneficios. A CIG destaca que, na súa páxina web, "fachendea" dunha facturación de 20.000 millóns de euros anuais e de ter presenza en 50 países.