dereitos

Pedro Sánchez e Meritxell Batet nos actos conmemorativos. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
POLÍTICA

43 aniversario da Constitución española: "Os nosos dereitos como nación están atados de pés e mans"

Con motivo do 43 aniversario da Constitución española, BNG, CUP, EH-Bildu, ERC, Junts, Més per Mallorca e Més per Menorca realizan unha declaración conxunta na que censuran a "exaltación e defensa fanática" desta norma fundamental "por parte daqueles que se resisten a responder ás demandas nacionais dos nosos pobos".

Fechadas sen dereitos

Mordazas

[Imaxe: Adra Paixón] O Concello borrou o primeiro mural pintado por Lugo Sen Mordazas.
INTERNACIONAL

O Goberno español propón agora adaptar as multas da lei mordaza aos salarios dos sancionados

Pide unha redución do 50% da multa para os que gañen menos de 1,5 veces o salario mínimo.

 

Unha muller embarazada, nunha imaxe de arquivo. (Foto: UGR / Europa Press)
SOCIAL

Sanidade financiará a reprodución asistida ás persoas trans que poidan xestar

O Ministerio de Sanidade aprobou esta sexta feira unha orde para que o Sistema Nacional de Saúde sufrague a xestación asistida a todas as mulleres, independentemente da súa orientación sexual e do seu estado civil, así como ás persoas trans con capacidade xestante, é dicir homes que naceron oficialmente mulleres e cambiaron de sexo rexistral.

Mobilización en protesta polo uso deturpado do topónimo A Toxa.
star
Reportaxes

Dereito á identidade

A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos está de aniversario. Hai hoxe 25 anos a Cámara galega subscribía que "toda comunidade lingüística ten dereito a estabelecer, preservar e revisar a toponimia autóctona" e que esta "non pode ser suprimida, alterada ou adaptada arbitrariamente". Porén, o recente uso por un foro económico do topónimo deturpado da Toxa entre aplausos da esfera institucional fai reflexionar sobre pasos adiante, atrás e o axexante pozo da historia onde poden caer os dereitos que, unha vez conquistados, xa non se reivindican.
Rodil durante o debate do estado da nación. (Foto: BNG) #aborto #bng #olallarodil
POLÍTICA

A Cámara exixe que se garanta o dereito ao aborto na sanidade pública

O BNG denuncia trabas á interrupción do embarazo na sanidade pública. A deputada nacionalista Olalla Rodil criticou que actualmente unha muller que toma a decisión debe agardar tres días por se camvia de idea e no suposto de continuar co proceso é derivada a unha clínica privada directamente

Manifestación do 8 de marzo decorrida na Coruña. (Foto: CIG) #vulneración #dereitos #dereitosfundamentais #xunta #folga #cig #8m
TRABALLO

O TSXG recoñece que a Xunta “vulnerou o dereito fundamental de folga” o 8 de marzo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) declara a nulidade dos servizos mínimos fixados para ese día após estimar de forma parcial un recurso presentado pola CIG. En concreto, o auto apoia a versión da central sindical "na impugnación dos centros dependentes de Política Social, transporte de residuos, centros educativos (persoal coidador, de limpeza e comedores), MeteoGalicia, Axencia Tributaria da Galiza, Servizo de Epidemioloxía e de Doenzas Transmisíbeis e CRTVG".
A lei pon fin á tutela e á patria potestade prorrogada.
SOCIAL

Fin ao "paternalismo" e á incapacitación xudicial das persoas con discapacidade

A reforma da lexislación civil e procesual muda por completo como o Dereito entende a discapacidade e as persoas con discapacidade, titulares a todos os efectos da súa capacidade xurídica para seren "protagonistas da súas vidas". 

Xuíces escollen xuíces?

Un autocolante pegado nun escaparate durante a folga comarcal convocada en Ferrol o 10 de marzo. / Mero Barral - Europa Press
star
Reportaxes

Xa é hora de avanzar nos dereitos

Paulo Carril, secretario xeral da CIG, avoga por un verdadeiro Plan de recuperación económica que permita que as decisións fundamentais para o futuro da clase traballadora galega se tomen fóra do marco das políticas neoliberais que impiden o desenvolvemento da Galiza. 
Manifestación en Compostela con motivo do Día do Orgullo LGBT+, no pasado mes de xuño (Foto: Arxina).
SOCIAL

Colectivos LGBT+ convoca manifestación nacional na Coruña “contra o odio e a indiferencia”

Este domingo, día 11, ás 19:30 horas, con saída da Praza da Palloza.

 

Oír, ver e falar

Un home recibe unha dose da vacina contra o coronavirus en Vigo. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O Parlamento rexeita a suspensión da Lei de saúde cos votos en solitario do PP

A iniciativa saíu adiante porque o Partido Popular ten maioría na Cámara, se ben o BNG abstívose e o PSdeG amosouse en contra da medida.

Democracia e doenza mental

A fin do estado de alarma suporá un cambio na xestión das restricións e das propias limitacións  (Foto:  Álvaro Ballesteros / Europa Press).
star
SOCIAL

Dúbida política e sanitaria: Como controlar a pandemia tras o estado de alarma?

O estado de alarma chega á súa fin. O vindeiro domingo, día 9, decae o decreto aprobado en outubro de 2020 co obxectivo de fixar un marco legal áxil e extraordinario para facer fronte á pandemia da Covid-19. Esta solución excepcional permitiu medidas restritivas no ámbito dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas cuxa validez desaparece coa propia norma. Os feches perimetrais e o toque de recoller quedan en mans dos territorios, que comezan a definir os seus propios plans. Porén, existen dúbidas sobre a cobertura legal que poidan acadar.  

Desigualdade humana

O ex rexedor da Coruña, Xulio Ferreiro, nun encontro coa súa sucesora, a socialista Inés Rey. (Foto: Concello da Coruña)
SOCIAL

O ex alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, será o decano de Dereito na UDC

A institución académica fixo pública hoxe a proclamación de candidaturas. No caso do ex rexedor, a súa foi a única proposta para dirixir esta facultade. No terreo político, Ferreiro segue a formar parte na coordinadora da Marea Atlántica.
Amara García Aldán
SOCIAL

Amara García Adán: "É preciso incluír a perspectiva de xénero no ámbito do Dereito"

Após a sentenza da Audiencia de Nafarroa sobre o xuízo da "Manada", Amara García Adán deu un xiro na súa carreira e decidiu realizar o seu Traballo Final de Grao (TFG) de Dereito (USC) sobre a "inxustiza epistémica". A súa orixinalidade e a importancia do tema levouna a recoller o premio da Valedora do Pobo.

Dereito á transparencia