Opinión

Dereito á transparencia

Xa me pareceu feo cando o fixo o Ministro de sanidade Salvador Illa, e paréceme igualmente feo o que fixo o vicepresidente de España Pablo Iglesias. Tanto un como outro deberían deixar os seus cargos no goberno en canto se fixo público que se presentarían como candidatos a unhas eleccións. En termos xurídicos, porque están a violar o principio de igualdade de armas respecto ao resto de candidatos. É moi fácil facer campaña desde o despacho do ministro.

Quen viña a transformar a política deberían actuar con moita maior rigorosidade e transparencia en casos como este, e deberían aplicar os mesmos criterios de actuación que noutras ocasións. Sinalamos constantemente que a distancia entre a cidadanía e os políticos profesionais é cada vez maior; tan importante como esa queixa é tomar decisións firmes para non seguir alimentando esa opinión.

Outro abuso que gran parte da cidadanía achaca aos políticos é a falta de transparencia; teniendo en conta que a política é unha práctica paga co diñeiro de todos, deberían ter menos obxeccións para que estea ao alcance de todos. Ese túnel é aínda máis escuro no caso dos abusos ocultos tras o eufemismo “secretos oficiais”, especialmente cando son perpetrados por quen frecuenta as húmidas cloacas do Estado. 

Unha das maiores dificultades para quen busca a información é a data de vencemento do secreto

Os intentos de conseguir ese tipo de información son semellantes ás carreiras de obstáculos. A quen busca a información as dificultades aparécenselle unha tras outra, e unha das máis grandes é a data de vencemento do secreto, cuxo único obxectivo é protexer durante longo tempo aqueles que violaron dereitos e que aparecen nos devanditos papeis. Protexelos de fronte a sociedade e, o que é máis denunciábel, para as investigacións dos tribunais.

O recentemente estreado documental Non dago Mikel? tráenos á memoria este problema. Mikel Zabalza era condutor de autobuses urbanos en Donostia. En 1985, foi detido pola Garda Civil, e apareceu 20 días despois, nun río que xa antes fora rastrexado moitas veces na súa busca. 

Débennos a verdade, e merecemos sabela.

Comentarios