compromiso

Mini e Mero nun acto contra a Lomce
SOCIAL

Música, literatura, compromiso...contra a wertgoña,

Sete cidades galegas acolleron outros tantos actos públicos, organizados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, para dicir non á Lomce a través de actuacións músicais, lecturas de textos, intervencións... Vídeo do acto en Vigo, no interior

Comités
SOCIAL

Comités reforzan na súa II AN o compromiso na construción do ensino público galego

A organización elixiu novo consello nacional e pulará por afondar na unidade de acción do estudantado nacionalista e o traballo do día a día para facer fronte ao modelo de ensino defendido polo PP

 

Ibex35
ECONOMÍA

As empresas do Ibex: 94% nun paraíso fiscal e só 14% compromiso cos dereitos d@s traballador@s

Un total de 33 das 35 grandes compañías do selectivo español teñen sociedades en zonas 'opacas' a Facenda. E só 10% avalía o impacto dos seus produtos e actuacións nos dereitos humanos e laborais ou ben en aspectos ambientais.

ECONOMÍA

Compromiso considera “positiva” a entrada de Pemex en Barreras

A formación galeguista entende que, “sen ser a mellor solución posíbel”, é un paso adiante pois garante “carga de traballo e viabilidade desta empresa”.

CULTURA

''O compromiso do PP con Rosalía e con Galiza é propio dunha campaña de 'Gadis', un suspiriño momentáneo''

Conversamos con Francisco Rodríguez, unha das persoas que mellor coñece a nosa poeta nacional a través da súa obra e que nestes días resgatou do esquecemento un poema inédito seu publicado en 1866 no xornal madrileño La soberanía nacional. Estes versos de Rosalía voltaron a ver a luz no número 44 do Sermos Galiza en papel.

Lidia Jorge
CULTURA

Lídia Jorge, o compromiso ético da escritora galega universal

A escritora portuguesa recibirá de mans da AELG o Premio á Escritora Galega Universal como “referente na defensa da dignidade humana”.

Xosé Luís Méndez Ferrín
Galiza

A FPG tilda de falsidades as acusacións deitadas contra Ferrín

Ferrín optou pola estratexia de non defensa perante as acusacións deitadas contra el (basicamente o nepotismo na contratación de persoal na RAG), mas quen si sae na súa defensa é o seu partido, a Frente Popular Galega. A FPG, nun comunicado pendurado na súa web, tilda as acusacións de "falsidades" e estabelece a orixe das tribulacións do escritor ourensán, "comunista e independentista", no seu compromiso político aberto a prol de AGE.

Galiza

Feijóo volta da Moncloa sen ningún compromiso novo de Rajoy

Feijóo non está neste momento para importunar de máis a Rajoy. Iso non fai parte do seu guión. A cimeira da Moncloa non deitou resultado concreto ningún.
Acto de Compromiso por Galicia
POLÍTICA

Compromiso afirma que xa chegou a medio cento de agrupacións locais constituídas

Compromiso por Galicia sinala que o proceso postcongresual avanza a "moi bo ritmo"
Xoán Bascuas
Galiza

Compromiso por Galicia defende que se disolva a corporación de Compostela

CxG vén de reclamar a disolución da corporación municiapal de Compostela despois de se facer pública a nova imputación do alcalde Ángel Currás, por prevaricación e acoso moral.
Xoán Bascuas
Galiza

Compromiso por Galicia reparte responsabilidades da súa Executiva

Sandra Arauxo ocupará a Secretaría de Organización e Xosé Anxo Laxe a responsabilidade de Política Municipal. CxG elexiu as responsabilidades da Comisión Executiva no seu primeiro Consello Político.
POLÍTICA

Listaxes abertas co lema "Proxecto de País" no congreso constituínte de CxG

CxG elixirá este domingo en Teo o seu novo Consello Político Nacional e secretario xeral, para alén de debater e marcar as liñas políticas e organizativas da organización de cara aos vindeiros anos. A poucas horas de rematar o prazo a única candidatura é a de Xoán Bascuas.
ECONOMÍA

O compromiso do PP coas gandeir@s, garantías ou desleixo?

O sector leiteiro atópase, máis unha vez, na agonía. Cómpre un ente que faga de árbitro e que garanta que os prezos que a industria paga por cada litro de leite cubran, polo menos, os custos de produción. A Xunta vén de dicir que fará ela as veces de mediadora. Xa o dixo noutras ocasións, e faltou á verdade. Tomámoslle o pulso a este novo preacordo e contámosche por que se tira co leite
Eleccions2012

Compromiso por Galicia apostará polas municipais

A sede electoral de Compostela foi o centro de CxG até ben entrada a noite. Militantes e prensa seguiron desde a rúa Rosalía de Castro os resultados e ao remate Xoán Bascuas felicitou o PP e AGE, "os vencedores da noite" e confirmaron que se presentarán ás vindeiras municipais.
Eleccions2012

Compromiso por Galicia aposta por Pérez Bouza e pecha en Ourense

Os catro candidatos de Compromiso por Galiza déronse cita en Ourense para pechar a campaña, deixando á vista que é nesa provincia onde estiman que poden ter posibilidade de obter representación. Presentáronse, de todas maneiras, como unha forza a longo prazo.

Diante do 21 de outubro, o meu compromiso

  Fronte ao despropósito de roubo e espoliación, do que tanto Feijoo como Rajoy, son áxiles e prontos servidores dos seus amos de luva branca: o Capital Financeiro e Económico, debemos ser conscientes da existencia doutras opcións; de que un modelo económico e social radicalmente distinto non so é posíbel senón imprescindíbel; que, entre outras cousas, un sistema impositivo realmente progresivo é
Xoán Bascuas en Narón
Eleccions2012

Compromiso por Galicia oponse ao repagamento farmaceútico

Xoán Bascuas manifestou nun mitin en Narón o seu rexeitamento das políticas de recortes. Estivo acompañado polo alcalde Xosé Manuel Blanco, de Terra Galega.
Eleccions2012

Compromiso por Galicia presenta o seu programa electoral

A formación que lidera Xoán Bascuas presenta o seu programa cara ao 21-O no que aposta polo “emprendemento e o emprego”
Eleccions2012

Compromiso por Galicia presenta a súa imaxe de campaña

Compromiso retoca o seu logo e presenta unha campaña de vocación “bidireccional” baixo o lema "A túa voz".
Eleccions2012

CxG promete axuda ao empresariado xuvenil

Presentou un chamado Plan Estratéxico para a Mocidade Emprendedora que din crearía 5.000 postos de traballo.