Compromiso afirma que xa chegou a medio cento de agrupacións locais constituídas

Compromiso por Galicia sinala que o proceso postcongresual avanza a "moi bo ritmo"
Acto de Compromiso por Galicia
photo_camera Acto de Compromiso por Galicia

A secretaria de Organización de Compromiso por Galicia, Sandra Araúxo, vén de manifestar que o ritmo de constitución das agrupación locais da organización galeguista dentro do proceso postcongresual está sendo “moi bo, e cumprindo os obxectivos marcados pola Executiva Nacional”.

Araúxo lembra que quedando aínda varios días, “Compromiso leva xa preto de medio cento de agrupacións formalmente constituídas, segundo o procedemento estipulado polo regulamento”.

Entre as localidades constituídas, a membro da Executiva destaca a forza de cidades como Compostela, Vigo, A Coruña ou Ourense, con “Modesto Toribio, Henrique Macías, Xoán Antón Pérez Lema e Ana Bande á cabeza” ou os concellos da comarca de Muros-Noia onde CxG ten forte presenza institucional, “estando practicamente a totalidade traballando a pleno rendemento”.

Comentarios