Compromiso por Galicia oponse ao repagamento farmaceútico

Xoán Bascuas manifestou nun mitin en Narón o seu rexeitamento das políticas de recortes. Estivo acompañado polo alcalde Xosé Manuel Blanco, de Terra Galega.
Xoán Bascuas en Narón
photo_camera Xoán Bascuas en Narón

Os recortes acometidos --e os que virán-- no ámbito sanitario recibiron fortes críticas do candidato de Compromiso por Galicia á presidencia da Xunta. Desde un mitin en Narón, Xoán Bascuas manifestou o seu rexeitamento contra políticas que, segundo el, “buscan derribar un dos piares fundamentais do estado do benestar”.

Entre as propostas que despregou o candidato de CxG está a frontal oposición ao modelo de repagamento farmacéutico, do cal dixo “é un roubo en toda regra, ou é que non os pagamos xa cos nosos impostos?”.

Bascuas estivo acompañado polo alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, adscrito a Terra Galega –forza política de centro dereita rexionalista que se sumou a CxG--, quen cualificou o Partido Popular de representar “un paso atrás na defensa de Galiza” e gabouse das políticas desenvolvidas polo seu goberno a nivel local.

Comentarios