Compromiso por Galicia reparte responsabilidades da súa Executiva

Sandra Arauxo ocupará a Secretaría de Organización e Xosé Anxo Laxe a responsabilidade de Política Municipal. CxG elexiu as responsabilidades da Comisión Executiva no seu primeiro Consello Político.
Xoán Bascuas
photo_camera Xoán Bascuas

Tratábase do primeiro Consello Político que Compromiso por Galicia celebraba despois do Congreso Constituínte e un dos puntos da orde do día centrábase na elección de responsabilidades da Comisión Executiva. A proposta apresentada foi aprobada por unanimidade e situou a Sandra Araúxo á fronte da Secretaría de Organización, Manuel González das Secretarías de Política Económica e Finanzas, Xosé Anxo Laxe de Política Municipal, Paulo Carlos López da de Comunicación, Inma López Silva ocuparase das áreas de Igualdade e Muller máis a Secretaría de Cultura, Henrique Monteagudo das Secretarías de Relacións Internacionais e Lingua, Xulia Guntín de Formación e Liña Política, Ana Bande da de Movementos Sociais e finalmente Xosé Manuel Pérez Bouza porase á fronte da Secretaría de Servizos Públicos máis a coordinación territorial de Ourense.

O día 16 de decembro, Compromiso por Galiza celebrou o seu Congreso Constituínte no que se escolleu por listas abertas un consello Político Nacional composto por 15 mulleres e 15 homes e no que saiu electo como Secretario Xeral Xoán Carlos Bascuas, único candidato presentado para o cargo máximo da organización

Comentarios