compromiso

Rafael Cuiña e Miguel Barros
Galiza

Miguel Barros preséntase ás primarias de Compromiso para Vigo

Miguel Barros anunciou en rolda de prensa que optará en primarias á candidatura para a alcaldía de Vigo por Compromiso por Galicia. 

Un 25 de xullo para reivindicar obviedades

Onte foi 25 de xullo e pasou o Día da Matria ou da Patria ou, para algúns que non queren andarse con leas de paternidade-maternidade, o Día de Galicia. Coma sempre e como cada ano, os xornais escritos sacaron a primeira páxina en galego, suliñando máis aínda, así, a súa falla de compromiso porque, ademais de que o interior estaba coma sempre, é dicir, en castellano, non hai nada mellor para desactivar algo que ritualizalo, sacalo en procesión, exhibilo coma un santo ou unha reliquia... pero só unha vez ao ano. 

Xoán Bascua e Izaskun Bilbao
Galiza

Compromiso por Galicia quer facer “reverdecer” Galeusca

Devolverlle a titularidade do Panteón de Galegos Ilustres ao pobo galego como metáfora da vontade de “ser de novo unha nación”. Foi o cerne do discurso do secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, que apostou en facer “reverdecer” Galeusca. 

POLÍTICA

Compromiso por Galicia chama a un 25 de Xullo “pola reforma constitucional”

A formación galeguista fará unha ofrenda no Panteón de Galeg@s Ilustres e actos en Belvís no Día da Patria, durante o que realizarán un chamamento a que se recoñeza “a plurinacionalidade do Estado.

ort-crop
Euskal Herria

Ortuzar: “A España de 1978 está en crise total, hai que cambiar o modelo de Estado”

O presidente do PNV visitou Compostela para apoiar a Compromiso por Galicia, forza coa que forma coalición para as Europeas. O dirixente nacionalista amosouse preocupado polo rumbo da UE e demandou un novo status para Euskadi, “no que a última palabra non a teña sempre o goberno central”.

OPINIÓN

Compromiso, PNV e CiU presentan en Madrid a súa coligación para as europeas

O secretario xeral da formación galeguista Xoán Bascuas manifestou que a alianza electoral supón ''reeditar Galeuzca''.

A política como compromiso co país

Vivimos unha etapa histórica de absoluto desprestixio de todo o que ten a ver co compromiso político. Cada día que pasa medra a marea do descrédito das institucións e da desafección social pola política. As novas xeracións carecen do entusiasmo que había noutros momentos pola militancia nas organizacións políticas. As súas preocupacións sociais están agora maioritariamente fóra da acción política.

Da Revolución e o compromiso ao apoliticismo

Para comprender a praxe de Guevara é necesario ter presente o contexto, o pano de fondo dos efectos multiplicados dunha época onde a idea de Revolución impregnou todos, absolutamente todos, os ámbitos da vida en sociedade, desde a política até a arte, desde a cultura de masas

Gara
Euskal Herria

ETA reafirma de forma inequívoca o seu compromiso coas vías exclusivamente políticas

Máis do 80% das e dos militantes de ETA respaldan como estratéxico o abandono da violencia, de acordo cun documento asinado polo Comité Executivo da organización e que foi incautado polo Garda Civil na súa recente operación contra @s avogad@s d@s presos.

Os sentimentos no compromiso político

“Teño a sensación de que o noso futuro nesta etapa depende menos das ideas que profesamos que dos sentimentos que xeramos”. Esta frase pronunciouna Xavier Vence no discurso de clausura da Asemblea Nacional na que foi electo Portavoz Nacional do BNG. E non é ningunha cursilería. En absoluto.

cig
SOCIAL

652 sinaturas por un convenio galego para os centros de atención á discapacidade

O persoal destes centros, pertencentes á consellaría de Traballo, reclaman pasos en prol da súa integración nunha Rede Pública e face un convenio propio que regule as súas condicións laborais e "que se axuste á nosa realidade" sen dependenren do español.

Xoán Bascuas
POLÍTICA

Compromiso solicítalle a AGE que “deixe de facerlle o xogo ao PP”

Responsabilidade e respecto polo parlamento. É o que o secretario xeral de Compromiso por Galiza, Xoán Bascuas, reclamou hoxe a AGE arredor da situación do deputado Fernández Calviño. Bascuas pediulle a AGE que deixara “de facerlle o xogo ao PP”. 

Compromiso
Galiza

Compromiso advoga por unha candidatura que coloque a voz de Galiza en Europa "sen intermediarios"

Este sábado, o Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia instou ao Bloque e a Anova a se poñeren de acordo e a "deixar de lado intereses partidistas".

O compromiso de Rosalía Mera

Dicía Bertold Brecht que hai persoas que loitan un día e son boas. Mellores-dicía- son os que loitan un ano e excelentes os que loitan varios anos. Mais as verdadeiramente imprescindíbeis-remataba-son as que loitan toda a vida.

DEPORTES

Allariz acollerá as III Olimpiadas Populares Galegas: deporte, convivio, compromiso

A localidade alaricana será a ‘vila olímpica’ desta terceira edición dun encontro que decorrerá o 28 e 29 de Setembro. A cita está aberta a todos os centros sociais, asociacións populares e organizacións sociais da Galiza que desexen participar

Xoán Bascuas, candidato de CxG
Galiza

Compromiso pide á Fiscalía que investigue a contabilidade B do PPdeG desde que Feijóo é o seu presidente

A Fiscalía debe estudar se existe ou non "algún tipo de indicio delictivo" detrás das distintas informacións xornalísticas publicadas nos últimos meses polos meios en relación co financiamento irregular do PPdeG.

POLÍTICA

Compromiso por Galicia reclama unha oficina na Galiza para atender as vítimas do sinistro de Angrois

A petición rexistrada en Change.org acumula por volta de 300 sinaturas. A formación que lidera Xoán Bascuas entregou a mesma reclamación nas dependencias do delegado do Goberno español e solicitou unha xuntanza con el "para que dea conta das súas xestións"

POLÍTICA

Compromiso convida a facer un acto “unitario” e “cívico” o 25 de Xullo

Sería un recoñecemento a Castelao e Rosalía, complementario aos actos que os diversos partidos terán ese día

POLÍTICA

Compromiso di que "non se pode afirmar a existencia de RG" porque "iso non foi determinado" nos tribunais

A organización política formulará emendas á moción que o Partido Popular presentará nos concellos para condenar o terrorismo

 

Xoán Bascuas, candidato de CxG
POLÍTICA

Compromiso empraza a BNG e Anova a unha candidatura unitaria para as europeas

A organización galeguista cre necesario que Galiza“teña voz propia en Europa e sen intermediarios”