CIG-Ensino

O CIFP A Xunqueira, Pontevedra, é un dos afectados pola reorganización educativa da Xunta. (Foto: Nós Diario).
Educación

A Xunta muda a oferta de FP cara "a privatización e a precariedade"

A menos 20 días para que abra o prazo de matrícula nos ciclos de FP da Galiza, a Consellaría de Educación remitiu aos centros unha proposta de oferta formativa que muda as condicións que viña gozando o alumnado. Suprime ciclos básicos e alenta a formación a distancia noutros, unha solución que deixa centos de estudantes "desamparados".
Concentración da CIG-Ensino esta terza feira en Compostela (Foto: CIG).
Ensino

A CIG mobilízase para reclamar a volta ao horario lectivo previo aos recortes de Feixoo

En declaracións aos medios ás portas da Escola Galega da Administración Pública (EGAP) de Santiago de Copostela, coincidindo co decorrer dunha reunión da Mesa Sectorial, o secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello, negou que esta reclamación implique "traballar menos", senón que permitirá exercer "en menores condicións" ou, en todo caso, en "as mesmas" que antes de 2011.
O secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, en rolda de prensa. (Foto: Europa Press)
Ensino

A CIG-Ensino acusa Educación de "nula interlocución" a respecto das mudanzas na FP

O secretario nacional da CIG-Ensino solícitalle á Administración unha Mesa Sectorial para tratar estes e outros asuntos que están relacionados coa xestión e ordenación da FP nunha Mesa Sectorial urxente na cal se dea conta do custo económico e dos resultados do coñecido, de novo case en exclusiva polos medios de comunicación, ‘Plan Conecta FP’.
A comunidade experta defende a presenza da educación sexual nas aulas. (Foto: Nós Diario).
LINGUA

Novo "ataque" da Xunta á lingua galega no ensino

169 unidades didácticas foron eliminadas da páxina web da Consellaría de Educación.

Imaxe de arquivo dunha aula baleira. (Foto: Nós Diario)
Ensino

A CIG-Ensino reclama a apertura inmediata de negociacións para recuperar os horarios lectivos previos aos recortes

Nestes momentos os Gobernos presididos por Rueda e Ayuso son os “únicos que non rebaixaron o horario lectivo do profesorado, recuperando o que tiñan previamente”, indican desde a CIG.
Isabel Calvete, de Anpas Galegas, e Suso Bermello, de CIG-Ensino, esta segunda feira, en rolda de prensa. (Foto: Nós Diario)
Educación

A CIG-Ensino e Anpas Galegas urxen reforzar o ensino público

Ambas as organizacións opóñense ao feche de aulas e recorte de docentes e demandan un plan específico para os concellos rurais.
Crianzas nun comedor escolar (Foto: Europa Press).
SOCIAL

A CIG-Ensino considera un "despropósito" a mudanza de criterio da Xunta cos comedores escolares

As xefaturas territoriais da Consellaría de Educación remitiron nestes últimos días varios correos electrónicos a todos os centros docentes con comedor escolar propio dependente deste departamento da Xunta así como a aqueles con comedores xestionados por ANPA coas mudanzas que se deben implementar.
As anteriores eleccións sindicais nas universidades foron en 2019.
Educación

A CIG aspira a revalidar a maioría nas eleccións sindicais das universidades: este é o seu programa

A central sindical eríxese como "defensora inquebrantábel da universidade pública" fronte á universidade privada autorizada pola Xunta a Abanca.
Un centro de ensino antes de comezar o curso. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).
SOCIAL

O Constitucional ratifica que os colexios que segregan por sexo non reciban subvencións

O Tribunal de Garantías xa anunciara hai unhas semanas a súa decisión de avalar unha sentenza que rexeitase todos os puntos do recurso do partido de Santiago Abascal.
Un centro de educación para persoas adultas (Foto: JCCM).
SOCIAL

A nova lei de ensino de adultos "deixa sen efecto" a rede de centros con máis de 300 profesoras, indica a CIG

O sindicato nacionalista advirte de que se esta norma, que "non pasou ningún filtro", segue "para adiante" e "deixa sen efecto" a rede de centro, suporá "un antes e un despois" para este tipo de ensinos, e repercutirá nun "empeoramento", ademais de falta de oportunidades para a poboación que vive en contornas rurais.
A CIG-Ensino promoverá dous conflitos colectivos que afectan ao PDI das universidades galegas. (Foto: Santi Alvite)
SOCIAL

A CIG-Ensino denuncia "discriminación" nas universidades galegas

Vense afectadas máis de 1.000 investigadoras predoutorais, posdoutorais e dos programas Margarita Salas e María Zambrano.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, gabou o decreto de plurilingüísmo (Foto: Xunta da Galiza)
SOCIAL

Educación modificará a normativa de currículos para crear novas optativas

O cambio do decreto permitirá novas materias en ESO e Bacharelato
Alumnado na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, esta terza feira, nunha das probas da Abau. (Foto: Arxina)
SOCIAL

A Xunta propón a creación dunha ABAU única para todo o Estado

Entidades galegas rexeitan o centralismo.
O Conselleiro de Educación, Cultura e Universidade, Román Rodríguez, no Parlamento (Foto: Xoán Crespo)
TRABALLO

O PP rexeita equiparar o salario do profesorado técnico de Formación Profesional

A CIG alerta de discriminación de docentes de FP.
O obxectivo da futura proba de madurez é acabar coa anguria dos momentos previos á Abau, afirman desde o Goberno estatal. (Foto: Arxina)

#abau #selectividade #universidade #exame
LINGUA

CIG-Ensino advirte que a non obrigatoriedade do exame de galego na Abau "incide na discriminación" da lingua

As medidas propostas polo Ministerio "inciden na discriminación das linguas cooficiais en relación ao castelán", lamenta o sindicato.
Reunión entre representantes da CIG-Ensino e a Consellaría de Educación. (Foto: Nós Diario)
Educación

A CIG-Ensino reúnese coa Consellaría para exixir "melloras nas condicións docentes": estas son as súas demandas

"Que esta perda de peso específico e relevancia dentro das contas da Xunta se produza nunha Consellaría que ten un dos maiores gastos de persoal é perfectamente indicativo do escaso valor que o PP lle dá á política educativa en xeral e ao ensino público en particular", censura a central sindical.
Suso Bermello, terceiro pola dereira, secretario nacional da CIG-Ensino (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Docentes denuncian unha perda de 18% no poder adquisitivo en 13 anos

A CIG-Ensino denunciou nesta segunda feira nun comunicado de prensa que o profesorado galego leva perdido 18,64% de poder adquisitivo con respecto a 2010 e 2,2% no último ano. 

O Goberno galego destina hoxe 306 millóns de euros a sufragar a escola concertada, 56 máis que cando o PP chegou a San Caetano. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)
SOCIAL

A segregación por sexos, no punto de mira dos concertos educativos

O Supremo tombou en 2014 a concesión de concertos educativos a escolas que separan o alumnado en función do sexo, unha decisión solapada pola entrada en vigor da Lomce, que recollía explicitamente o dereito destes centros a acceder a financiamento público. Agora, coa aprobación da Lomloe —pendente dun recurso de inconstitucionalidade— e a consecuente prohibición de sufragar os colexios segregacionistas, a Xunta vén de publicar o regulamento da convocatoria até 2029 cunha redacción ambigua que, denuncia a CIG-Ensino, abre a porta a manter estes concertos.
A capacidade do alumnado ao finalizar o ensino obrigatorio para se expresar en galego está a diminuír, segundo distintos estudos. (Foto: Arxina).
LINGUA

O efecto normalizador do audiovisual no ensino, a debate nas III Xornadas de Normalización Lingüística

Compostela acollerá o vindeiro 21 de xaneiro a terceira edición das Xornadas de Normalización Lingüística impulsadas pola AS-PG, a CIG-Ensino e A Mesa pola Normalización Lingüística.
Suso Bermello, terceiro pola dereira, secretario nacional da CIG-Ensino (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A CIG presenta case 1.400 sinaturas pedindo compensacion salarial para docentes de FP que non pasen ao corpo da Secundaria

O sindicato nacionalista emprendeu unha campaña entre finais de novembro e as vacacións de Nadal para solicitar, "centro a centro", firmas en apoio deste complemento para os docentes técnicos de FP.