A segregación por sexos, no punto de mira dos concertos educativos

O Supremo tombou en 2014 a concesión de concertos educativos a escolas que separan o alumnado en función do sexo, unha decisión solapada pola entrada en vigor da Lomce, que recollía explicitamente o dereito destes centros a acceder a financiamento público. Agora, coa aprobación da Lomloe —pendente dun recurso de inconstitucionalidade— e a consecuente prohibición de sufragar os colexios segregacionistas, a Xunta vén de publicar o regulamento da convocatoria até 2029 cunha redacción ambigua que, denuncia a CIG-Ensino, abre a porta a manter estes concertos.
O Goberno galego destina hoxe 306 millóns de euros a sufragar a escola concertada, 56 máis que cando o PP chegou a San Caetano. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)
photo_camera Cinco colexios da Galiza vencellados ao Opus Dei manteñen concertos educativos malia separar o alumnado en función do sexo. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)
Comentarios