O PP rexeita equiparar o salario do profesorado técnico de Formación Profesional

A CIG alerta de discriminación de docentes de FP.
O Conselleiro de Educación, Cultura e Universidade, Román Rodríguez, no Parlamento (Foto: Xoán Crespo)
photo_camera O Conselleiro de Educación, Cultura e Universidade, Román Rodríguez, no Parlamento (Foto: Xoán Crespo)

A CIG-Ensino denunciou esta terza feira que o Partido Popular (PP) votou en contra de pagar un complemento de equiparación ao profesorado para extinguir o corpo de PTFP.

Desde a central sindical critican esta actuación cando na última xuntanza co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, este aseguroulle que se trataba dunha cuestión política e non económica.

O pasado 9 de febreiro tivo lugar unha xuntanza na comisión de Educación e Cultura da Cámara galega na que o grupo parlamentario popular presentou unha proposición non de lei para que o Parlamento solicitase ao Ministerio de Educación e Formación Profesional que non faga discriminacións dentro do corpo do profesorado técnico de FP (PTFP).

A iniciativa tivo o respaldo do grupo parlamentario do BNG, que coincidiu en que o Goberno estatal debera ter blindado o paso ao grupo A1 de todo o profesorado técnico de FP. 

Porén, desde a CIG-Ensino consideran que "a pelota está no tellado da Xunta da Galiza", que é quen ten plenas competencias para eliminar a discriminación salarial entre o PTFP que quede a extinguir en calquera das especialidades e aquel que se vai integrar no corpo de Secundaria. 

No debate da iniciativa "evidenciouse a incoherencia do PP", sinala a CIG-Ensino. Ante unha emenda presentada polo grupo parlamentario do BNG para garantir o pagamento dun complemento equiparado, o PP votou en contra de instar á Xunta da Galiza a que abone o complemento, mantendo a redacción orixinal da súa proposición non de lei. 

Comentarios